
O Concello aprobará na Xunta de Goberno deste mércores a saída a licitación da segunda fase das obras de remodelación da Praza de Abastos, unhas actuacións que contan cun orzamento de 1,6 millóns de euros, financiados nun 80% pola Unión Europea a través do Plan URBAN, e cun prazo de execución de
A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, denunciou este venres “a nova inxustiza que o Goberno de Rajoy perpetra contra os pensionistas, ao aplicar unha exigua suba das pensións do 0,25%, o mínimo imposto polo Partido Popular na súa última reforma”.
O servizo que ofrece o Concello de Lugo de comida a domicilio a persoas maiores, o denominado Xantar no Fogar, repartiu máis de 8.200 menús no primeiro semestre do ano.
O voceiro municipal e concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, mostrou este xoves a “profunda preocupación” do Concello porque a Xunta e o Goberno central “non foron capaces de achegar ningunha solución á gravísima crise que está a atravesar o sector lácteo, a maior da nosa historia”, na reu

As festas de San Froilán contarán este ano entre os concertos musicais destacados co fenómeno Auryn, un quinteto madrileño de pop que arrastra a milleiros de mozos a cada unha das súas actuacións; Los Chikos del Maíz, un grupo valenciano de rap que combina nas súas letras denuncia ácida e sarcasm

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves na Praza do Castiñeiro o programa Mó-ve-te con nós, que inclúe alternativas de lecer e cultura na rúa dirixida aos máis novos, que a delegación organizou en resposta ás peticións veci
Preto de 27.000 persoas contactaron co Servizo de Información 010 do Concello de Lugo no primeiro semestre do ano. Esta plataforma de atención á cidadanía recibiu máis de 25.560 chamadas e preto de 1.500 correos electrónicos nos primeiros seis meses do que vai de ano.

“O Goberno de Rajoy somete un ano máis a Lugo e aos lucenses a unha gravísima e intolerable discriminación; considéranos cidadáns de segunda”.

Preto de 9.000 persoas pasaron en xullo pola oficina de turismo municipal e os museos da cidade. O centro de atención ós turistas da Praza do Campo atendeu a máis de 5.300 persoas, o que supón un aumento do 20% con respecto ao mesmo mes do ano pasado.
O Concello aprobará mañá mércores, na Xunta de Goberno, incorporar ao Plan Estratéxico de Subvencións unha axuda por valor de 130.000 euros á Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS) para a redacción do proxecto técnico das obras de reforma que a en
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1052
- 1053
- 1054
- 1055
- 1056
- 1057
- 1058
- 1059
- 1060
- …
- seguinte ›
- última »