
A Alcaldesa, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregaron este mércores os diplomas aos 45 participantes de tres accións formativas organizadas pola entidade local na Casa da Xuventude no marco do programa +Xti.

Preto de 250 persoas se achegaron ás praias da Mariña e da zona da Coruña durante os meses de xullo e agosto, grazas ás viaxes subvencionadas do Concello.

O Concelleiro de Deportes e Infraestruturas Urbanas, José Manuel Díaz Grandío, e o presidente do club lucense Lugo Sala, Marcos Pereira, presentaron este mércores no Salón de Plenos do Concello o II Campus Específico de Fútbol Sala, que terá lugar entre os días 1 e 4 de setembro no pavillón O Pal

A Xunta de Goberno aprobou na reunión deste mércores o subministro e instalación do alumeado público ornamental nas rúas durante as festas de San Froilán, do 3 ao 13 de outubro, por un importe de 19.300 euros, segundo explicou o voceiro municipal, Miguel Fernández.

A Comisión Especial de Festas acordou este martes por unanimidade nomear ao escritor e académico Darío Xohán Cabana como pregoeiro do San Froilán 2015, segundo avanzou a Alcaldesa, Lara Méndez, ao finalizar a reunión.

Preto de 1.200 persoas pasaron durante a fin de semana do 15 de agosto, a máis festiva do ano, pola Oficina Municipal de Turismo, unha cifra récord nestas datas.
Os axentes da Patrulla Verde do Concello de Lugo tramitaron un total de 1.537 expedientes no primeiro semestre do ano 2015, 350 denuncias administrativas e 1.187 informes.
O Concello de Lugo mellorará a sinalización turística das 7 parroquias das dúas marxes da ribeira alta do Miño e de 10 elementos culturais e paisaxísticos destes lugares, co fin de poñer en valor e incrementar o turismo na zona rural do municipio.

O Concello arrancou este luns o Plan de Roza, que acondicionará 700 quilómetros de estradas municipais ao longo deste mes e do próximo. As tarefas de desbroce, que comezaron en Esperante, contan cun orzamento de 97.200 euros e delas encárganse 8 tractores e unha decena de operarios.
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, deu a coñecer as novas actividades lúdicas, educativas e preventivas, dirixidas aos nenos e nenas e adolescentes de ata 16 anos, que organiza o Concello no barrio da Milagrosa, dende o vindeiro martes, 18 de agosto,
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1049
- 1050
- 1051
- 1052
- 1053
- 1054
- 1055
- 1056
- 1057
- …
- seguinte ›
- última »