O Concello abriu este mércores o prazo de solicitude de tres liñas de subvención en materia social e deportiva, ás que destina preto de 200.000 euros.

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e o presidente do colectivo lugués SOMOS unidos por el cáncer, José Manuel Vázquez, presentaron este mércores no Salón de Plenos o proxecto Unha carta a Papá Nöel.
A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a adxudicación de obras de pavimentación e rexeneración do firme de tres estradas do rural por un importe que supera os 210.000 euros, segundo avanzou o voceiro municipal, Miguel Fernández.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Director Xerente de Begasa, Luis García Santalla, fixeron entrega este martes no Salón de Plenos dos diplomas aos catro gañadores do concurso Debuxa a túa enerxía.

As obras de modernización da Praza de Abastos arrancaron este martes. Cun orzamento de 1 millón de euros, financiados ao 80% pola Unión Europea a través do Plan Urban, os traballos teñen un prazo de execución de 102 días naturais, é dicir, tres meses e medio.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a delegada en Lugo da Asociación Española de Pintores e Escultores, Dolores Guerrero, presentaron este martes no Salón de Plenos do Concello a exposición Xuntanza.

As forzas políticas con representación municipal e representantes de colectivos sociais da cidade asinaron este martes no Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade, celebrado no Salón de Plenos, un pacto cidadán por un Lugo libre de violencia machista.
Os adxudicatarios de subvencións a familias con escasos recursos para a compra de libros de texto e material educativo para o segundo ciclo de infantil (3 a 5 anos) e para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos poderán recoller os vales que concede o Concello dende mañá mérc

A cidade de Lugo foi elixida como destino turístico mellor adaptado de España para persoas con problemas de mobilidade, dentro dunha iniciativa impulsada por segundo ano consecutivo pola empresa especializada en solucións de accesibilidade ThyssenKrupp Encasa, para seleccionar o Destino Turístico

O Concello divulgará a historia e patrimonio cultural do recinto do cemiterio municipal de San Froilán a través da creación de códigos QR, de resposta rápida, mediante os que se poderá acceder a toda a información tanto do propio camposanto como dos seus monumentos máis destacados.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1028
- 1029
- 1030
- 1031
- 1032
- 1033
- 1034
- 1035
- 1036
- …
- seguinte ›
- última »