
O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, desprazouse esta mañá ata a Ponte sobre o Mera para supervisar o inicio dos traballos de reparación da infraestrutura, danada a raíz das choivas dos últimos meses.
José Piñeiro visitou o terreo e mantivo un encontro coa empresa encargada de acometer a rehabilitación e recuperación da Ponte de cara a coñecer o estado da mesma e os traballos a desenvolver nos próximos días.
A Concellería de Infraestruturas que dirixe José Piñeiro informou hoxe que o Goberno Local ten recadado nos últimos meses 9.400 euros da empresa Begasa derivados do funcionamento das placas solares instaladas no parque de demostración de enerxías alternativas instalado no CEAO.
Así mesmo, o Concello de Lugo informa que a planta conta con todos os permisos pertinentes para a súa posta en funcionamento, así como da correspondente alta da Consellería de Industria.
O Concello de Lugo pediulle hoxe ao Partido Popular unha rectificación urxente en relación coas declaracións efectuadas onte sobre a obra do FEIL executada en Galegos. Así o explicou hoxe o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, quen avanzou que o Goberno Local non descarta interpor accións legais en relación coas declaración efectuadas polo Sr. Castiñeira nas que acusaba ao Concello de recibir unha obra sen estar rematada e tela pagado.

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitaron hoxe as actuacións levadas a cabo para mellorar a pavimentación e servizos na Avenida de Ramón Ferreiro, Irmáns Vilar Ponte e Doutor Fleming subvencionadas polo Fondo Estatal de Investimento Local.
A Concellería de Infraestruturas que dirixe José Piñeiro ven realizando os traballos pertinentes de cara a restablecer o suministro de auga na Rúa Alfonso X afectada pola ruptura dunha tubería na noite de onte.
O Concello de Lugo ven de restablecer o suministro de auga.
A avería fixo preciso un corte no suministro na marxe esquerda da Rúa entre a Avenida de Magoi e a Rúa Campos Novos desde a noite de onte.
O Concello de Lugo lamenta as molestias ocasionadas coa incidencia.

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, presentou esta mañá diversos proxectos que se executarán nas antigas travesías nacionais do Concello de Lugo.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, explicaron esta mañá que os traballos que se están a realizar na rede de abastecemento da auga realizáronse coa total coordinación das súas Concellerías e os técnicos municipais.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron esta mañá o remate das obras de urbanización da Avenida Duquesa de Lugo (Tramo Ronda Norte-Monte Faro)- Albeiros. Na visita, na que participaron numerosos veciños da zona, López Orozco avanzou que o Goberno Local realizará obras na Garaballa.
“Seguimos traballando como é a nosa obriga polos barrios e mellorando a cidade en todo cando podemos”, salientou.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron esta mañá as obras de accesibilidade levadas a cabo no Edificio Administrativo do Concello.
A Concelleira explicou que “estas obras súmanse ás que ven realizando o equipo de Goberno dende o ano 2003 no viario da cidade” e nas que se investiron máis de 1.300.000 euros.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, e os Concelleiros de Infraestruturas e Educación, José Piñeiro e Dolores Vieiro, respectivamente, visitaron hoxe a nova Escola Infantil de San Fiz que dará formación a 61 rapaces e rapazas da cidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 266
- 267
- 268
- 269
- 270
- 271
- 272
- 273
- 274
- …
- seguinte ›
- última »