O alcalde en funcións, o nacionalista Antón Bao, visitou hoxe os traballos que se están a realizar e destacou que se trata “dunha das obras de rehabilitación máis importantes que se fixo na cidade de Lugo nas últimas décadas que vai permitir poñer en valor un importante elemento do patrimonio da cidade”

Outros 73.000 euros irán destinados á instalación de alumeado público, con luminarias ornamentais de acordo co entorno monumental onde se ubicarán
A Mesa de Contratación adxudicou esta mañá á empresa Calfensa as obra de colocación de mobiliario e humanización do tramo peonil da Ronda da Muralla. As obras, que se acometerán neste verán, impedirán o estacionamento de vehículos neste entorno a partires do comezo do vindeiro curso escolar.

O corte de tráfico durará uns dous meses, nos que se tentará manter un paso a pé pola ponte

A Escola Municipal de Música ofrece un concerto didáctico con dous pases para máis de 100 rapaces que participan nos diferentes campamentos urbanos
Sonia Méndez anunciou o procedemento para a contratación da cafetería do Centro Social de Fingoi

Segundo a edil de Infraestruturas e Axenda 21 do concello de Lugo “esta actuación executarase coa sensibilidade que o espazo merece”

A concelleira de Infraestruturas e Axenda 21 do concello de Lugo, a nacionalista Paz Abraira, visitou as obras da Rúa Otero que comezaran en xaneiro deste ano. Con esta obra remata a renovación das infraestruturas, beirarrúas e asfaltado desta rúa da cidade. A obra dividiuse en dúas fases. Nunha fase anterior executárase o tramo comprendido entre a Avda. da Coruña e a rúa Rio Eo. Nesta segunda fase adecuouse o tramo que vai desde intersección coa Rúa Rio Eo ata a intersección coa Rúa Rio Sil.

A Xunta considera de “interese público” privar a Lugo das infraestruturas previstas no Plan Paradai nun escrito que Paz Abraira cualificou como “tomadura de pelo aos veciños de Lugo” o escrito remitido pola Xunta
Sonia Méndez desminte ó Partido Popular e informa de que o Concello ingresou por costas xudiciais unha cantidade semellante á que gastou

Paz Abraira cualificou os Vellos Oficios Vivos “como un exemplo de oportunidade económica sostible nestes tempos de crise”
O concello de Lugo estudará a idoneidade de presentar un recurso Contencioso – Administrativo contra a decisión do executivo do partido popular

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a contratación de mobiliario urbano para instalar no tramo peonil da Ronda da Muralla, e de dous vehículos para o Parque Móbil, un vehículo destinado á Policía Local e un camión para asfaltado de vías.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 256
- 257
- 258
- 259
- 260
- 261
- 262
- 263
- 264
- …
- seguinte ›
- última »