
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, acompañaron hoxe á Conselleira de Medio Ambiente, Infraestruras e Territorio. Ethel Vázquez, nunha visita que realizou ás obras de construción da Ponte Paradai.

O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, presentou esta mañá unha nova edición, a duodécima, do programa de Almorzos Saudables que comeza o próximo luns 23 de febreiro no CEIP Luis Pimentel.
A Concellería de Economía, que dirixe Sonia Méndez, informa da adxudicación das obras de construcción do edificio destinado a Novas Tecnoloxías que suporán, tamén, a ampliación da Casa Consistorial, xa que as novas instalacións municipais vanse edificar nun solar situado na praza de Anxo Fernánde
O Alcalde, José López Orozco, asinou hoxe dous convenios para a cesión ó Concello de senllas parcelas no barrio do Sagrado Corazón.


López Orozco e Lara Méndez explicaron o proxecto de iluminación dun treito de paseo de máis de sete kilómetros que financiará a Deputación con 1,4 millóns de euros. O Alcalde anunciou que o proxecto difundirase na web para a presentación de suxestións e a Vicepresidenta da Deputación explicou que esta actuación é unha das peticións dos Orzamentos participativos da institución provincial.

O Alcalde e a Concelleira de Educación despediron ós xóvenes beneficiarios do programa Lugoquálitas 3 que pasarán tres meses e medio en Viena, Florencia e Belfast. López Orozco pediulles que aproveiten esta oportunidade que lles brinda o programa Lugoquálitas para estrearse no mercado laboral, completar a formación na súa especialidade e aprender idiomas.

Trátanse de 14 cursos de diferentes ámbitos e que teñe entre 240 a 600 horas de formación teórica e práctica.


López Orozco felicitou aos gañadores e agradeceu a participación tanto dos propios alumnos como dos profesores e pais, ademais de explicarlles que “estes certames demostran que somos quen de facer cousas que aínda non están escritas e por iso a mellor aposta é a inversión en coñecemento”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 249
- 250
- 251
- 252
- 253
- 254
- 255
- 256
- 257
- …
- seguinte ›
- última »