O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, recibiron a dous grupos de estudantes do Colexio Franciscanos de Lugo.
O edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, denunciou este martes os actos vandálicos levados a cabo esta madrugada no parque infantil de Campo Castelo –recentemente renovado–, que supuxeron o estrago de dúas camas elásticas.
O Goberno local e Gestagua abren as portas, a partir deste mércores 20 de marzo, da depuradora e a potabilizadora, as dúas instalacións de xestión do ciclo integral da auga más importantes da cidade, a estudantes de primaria e secundaria con motivo do Día Mundial da Auga, que se conmemora o 22 de
A concelleira responsable da área de Participación, Cristina López, recibiu na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos procedentes do Colexio Sagrado Corazón de Lugo.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, fixo entrega este venres, 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, dos galardóns Entre Mulleres, premio co que o Concello de Lugo quere visibilizar as achegas das mulleres lucenses en todos os eidos da nosa sociedade en prol da igualdade.
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, supervisou esta mañá a configuración que ofrecen varias parcelas sitas na contorna da Estación do Ferrocarril nas que o Concello estuda actuar para habilitar un aparcadoiro temporal cara o inminente inicio das obras de construción da nova Intermodal.
O equipo de Goberno visitou esta mañá as instalacións do auditorio de Magoi. Esta visita técnica, que estivo precedida dunha reunión de traballo, tivo por obxectivo abordar os pormenores da xestión da nova dotación fronte a súa próxima posta ao dispor da veciñanza.
A concellería de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, porá en marcha a mediados de mes un curso teórico-práctico homologado de socorrismo, totalmente de balde para a mocidade lucense, enmarcado no programa +XTi, cofinanciado polo Ministerio de Sanidade, a través do Plan Nacional sobre Droga
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, anunciou esta mañá que a nova comisaría de Policía Nacional de Lugo xa non ten volta atrás.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »