Medio centenar de cidadáns daneses visitaron este martes as instalacións do edificio municipal Impulso Verde, promovido polo executivo municipal na Garaballa no marco do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, cofinanciado pola Unión Europea.
O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, recibiron a un grupo de estudantes do Colexio Franciscanos de Lugo.
O concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, denunciou este venres a vandalización dun magnolio recentemente plantado no entorno da Praza do Ferrol, no marco das obras de peonalización e renaturalización deste espazo do Centro Histórico.
O Executivo de Paula Alvarellos, a través da área de Transición Ecolóxica que dirixe Miguel Fernández, pon ao dispor da hostalería lucense un servizo baixo demanda e gratuíto para a recollida de material nas terrazas provisionais.
O Executivo de Paula Alvarellos adxudicará na Xunta de Goberno Local que se celebra mañá o servizo de Xantar no Fogar á empresa Jardanay.
Os campos municipais José María Rodríguez Lago, situados en As Gándaras, acollerán o vindeiro luns 25 e martes 26 de marzo o IV Torneo Semana Santa “Trofeo Lugo Express”, organizado pola ADC Sagrado Corazón, co apoio do Concello.
O Executivo de Paula Alvarellos, a través das área de Cohesión Territorial e Trasición Ecolóxica, destina 591.796 euros a ampliar a rede municipal de augas e ao acondicionamento de varias vías na zona rural.
O Executivo de Paula Alvarellos vén de dotar ao servizo de Protección Civil dun vehículo pick up equipado con coitela quitaneves e esparcidor de sal para actuar ante situacións de emerxencia por neve ou xeo.
A área de Xuventude, que dirixe o edil Jorge Bustos, ofrece nos meses de abril, maio e xuño, un curso gratuíto de pesca deportiva no Río Miño, de cinco horas de duración, totalmente de balde para a mocidade lucense de entre 18 e 38 anos.
O dispositivo especial de limpeza organizado polo do Concello de Lugo con motivo da celebración universitaria A Carballeira recolleu máis de 10.690 quilos de lixo en Fingoi.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »