Os servicios municipais de recadación procederán á poxa de dous vehículos inmobilizados e embargados a debedores do Concello. Dita poxa terá lugar ás 10 horas do vindeiro 31 de xaneiro, no Centro Social Uxío Novoneyra -rúa Quiroga Ballesteros-.
Os bens embargados son:
1.- Vehículo Lancia Dedra 2.0 IE, tipo de poxa 600 euros.
2.- Vehículo Volvo 704 GLE, tipo de poxa 300 euros.
Os bens atópanse depositados no Depósito Municipal de Vehículos sito na Rúa dos Carros, Parcela E 4,I Polígono Industrial do Ceao.
Buenos Aires, 1 de novembro de 2007.- A Delegada da Xunta de Galicia en Buenos Aires, María Xosé Porteiro, asegurou esta mañá que “se está a dar cumprimento ao mandato do Decreto de Creación das Delegacións da Xunta de Galicia no exterior” coa atención á cidadanía galega, e á intensificación das relacións institucionais, comerciais e culturais entre Arxentina, Uruguai e Galicia”.
José López Orozco, presidende da Agrupación Local do PsdeG-PSOE Lugo e Sonia Méndez, integrante da agrupación, participaron nun encontro coa executiva e con mozos do PSOE arxentino. Entre os cargos da Executiva estaban o Presidente, Félix Mues Berradre e a Secretaria Xeral do PSOE Arxentina, María de los Ángeles Ruiz Sánchez.
Quixeron coñecer a situación que vive o Partido Socialista en Galicia e no resto de España.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e os representantes da Cámara de Comercio acuden como convidados ó II Congreso de Mozos Descendentes de Españois, que da comezo o 2 de outubro ás 19:00 horas (hora arxentina) na Bolsa de Comercio da cidade arxentina de Rosario.
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, deu conta dos asuntos tratados na primeira xuntanza mantida cos representantes da oposición para darlles a coñecer as propostas do goberno local en materia de Ordenanzas Fiscais para o ano 2008.
Méndez suliñou que a intención do goberno é chegar a acordos cos distintos grupos políticos para que as Ordenanzas entren en vigor a partir do 1 de xaneiro.
A proposta do equipo de goberno inspírase “nun principio que vimos mantendo ó longo destes anos, que é o de non incrementar os impostos máis do correspondente ó IPC que para este ano é do 2.2%”
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 254
- 255
- 256
- 257
- 258
- 259
- 260
- 261
- 262