A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentaron hoxe o programa Aula Emprendedora posto en marcha polas súas Concellerías en colaboración coa Consellería de Traballo.
A través desta proposta os nenos e nenas de secundaria adquirirán e desenvolverán, no Centro de Empresas e Innovación, coñecementos e capacidades emprendedoras ao mesmo tempo que estimulan a súa curiosidade pola actividade empresarial.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiron no Salón de Plenos do Concello a 16 profesores chegados de Finlandia, Grecia, Estonia, España e Bélgica
Estarán do 1 ao 6 de outubro na vila de Burela, nunha visita preparatoria que organiza o CEIP Vista Alegre e que ten como obxectivo principal poñer en marcha un novo Proxecto Europeo que implique a toda a comunidade educativa nun traballo común con escolas europeas.
A importancia da innovación na empresa ten o seu reflexo no ámbito comunitario os países que se sitúan nos primeiros postos nos rankings da productividade e que, por iso, están considerados como os máis avanzados no seu desenvolvemento industrial, son tamén os países que lideran o proceso de renovación permanente das tecnoloxías empregadas polo seu sistema productivo. Isto é un reflexo do papel crucial que xoga a innovación na economía dos países.
A Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, mantén todavía aberto o prazo de inscrición para o programa europeo de mobilidade Lugoqualitas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas e o Presidente da Asociación de Hostalería, Francisco Real, participaron nunha nova xuntanza da Mesa Local de Comercio para presentar as novidades relacionadas co sector e recollidas no Plan Urban do Concello de Lugo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o delegado provincial da Consellería de Traballo en Lugo, Miguel Vázquez Calvo, e socios do Proxecto Lugo Social visitou as obras do novo Centro de Orientación Laboral do Concello de Lugo, Espazo Lab, situado na zona do CEI-Nodus en Garabolos.
A Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, anunciou hoxe o inicio do prazo para o cobro do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e de vados, que dende o ano pasado se fai nun período fixo, dende o 20 de setembro ata o 20 de novembro, tal e como recolle o calendario do contribuínte.
"O Concello de Lugo conta cunha economía saneada que lle permite conxelar os impostos beneficiando ás familias, sen mermar a recadacións das arcas municipais, xa que as altas do padrón aumentaron e iso permite non subir os impostos".
O Concello de Lugo pon en marcha un programa especial para a inserción laboral de persoas con discapacidade en colaboración coa Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES). Este compromiso foi acadado hoxe pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, coa sinatura dun convenio de entre o Concello e a Federación, representada pola súa delegada en Lugo Nuria Fernández Castiñeira.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentaron hoxe aos membros da oposición o paquete de medidas de contención fiscal elaboradas polo Equipo de Goberno para as ordenanzas do 2009.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 240
- 241
- 242
- 243
- 244
- 245
- 246
- 247
- 248
- …
- seguinte ›
- última »