A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, anunciou unhas novas tarefas de acondicionamento que están en marcha na cidade, con cargo aos Orzamentos Participativos que activou o Goberno.
O Concello de Lugo vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria das subvencións para financiar parcialmente o alugamento de vivenda destinada a domiclio habitual das persoas residentes no termo municipal de Lugo.

O Concello adxudicou as obras de instalación do ascensor do barrio do Sagrado Corazón, que comezarán a acometerse o vindeiro mes.
O Goberno local reforzará a plantilla municipal con 114 postos incluídos nas catro ofertas de emprego público que logrou sacar adiante no que vai de mandato tras negociacións coas organizacións sindicais. Deles, preto do 60% son de quenda libre e o 40% de promoción interna.
O Inicia Coworking de Lugo, impulsado polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI) no CEI-NODUS e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, pecha este sábado, 15 de decembro, a inscrición para a cuarta e última edición desta iniciativa, na que se ofrece, de xeito individualiza

A Alcaldesa, Lara Méndez, e a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, entregaron este martes no CEI Nodus os diplomas aos mozos e mozas que participaron en Empregalia, o programa impulsado polo Goberno con fondos que logrou captar da Unión Europea para favorecer

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, o Voceiro da Deputación, Álvaro Santos, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, informaron este venres do inicio do Merca e Gaña polo Nadal.

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, inaugurou este venres, no CEI-NODUS, a Mesa Talento en Feminino, que organiza o Concello xunto á Asociación de Mulleres Empresarias, co obxecto de visibilizar e fomentar o talento das mulleres.

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, que dirixe Ana Prieto, e a Asociación de Mulleres Empresarias organizaron conxuntamente a Mesa Talento en Feminino, unha xornada para visibilizar e fomentar o talento das mulleres que terá lugar este ven

A Concellería de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, que dirixe Ana Prieto, preparou para este venres, 23 de novembro, un magosto emprendedor. Será a partir das 19:30 horas, na explanada do CEI-NODUS. É totalmente de balde.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 126
- 127
- 128
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- …
- seguinte ›
- última »