
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, valorou a campaña O noso mercado é un agasallo, posta en marcha na Praza de Abastos e no Mercado Municipal para incentivar o consumo de productos locais e de proximidade, durante as datas de Nadal
O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a publicación das listas definitivas das axudas para a compra de libros de texto e material escolar para familias con baixos recursos.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Concello aos hostaleiros lucenses Álvaro Villasante, do restaurante Paprica, e Alejandro e Armando Méndez, da arrocería Os Cachivaches.

Lara Méndez, participou na terceira edición dos premios Son Muller da Asociación de mulleres empresarias da provincia de Lugo, galardón que pretende poñer en valor e visibilizar o papel das mulleres empresarias e emprendedoras de Lugo.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, prevé que a Estratexia Lugo Transforma lanzada polo seu Goberno sexa capaz de atraer e consolidar pequenas e medianas empresas que xeren un alto impacto social e ambiental no municipio nun prazo menor de 5 anos.

O área de Desenvolvemento Local, dirixida polo edil Mauricio Repetto, lanza un vídeo onde a alcaldesa, Lara Méndez, e concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno animan a dinamizar ás vendas no comercio local de Lugo nestas datas do Nadal.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou da adxudicación de 7 novos postos na Praza de Abastos e o Mercado municipal o pasado mércores en Xunta de Goberno.

A área de Benestar traladaba hoxe á Xunta de Goberno a concesión directa das subvencións nominativas, así como a aprobación dos convenios que o Concello de Lugo mantén coas entidades que desenvolven a súa actividade no eido dos Servizos Sociais.

O servizo de augas, tramitou durante este 2020 un total de 1.300 contratos de alta na subministración municipal e resolveu unha media de 2.000 incidencias por trimestre, relacionadas coa xestión do padrón desta prestación.

O executivo de Lara Méndez aprobou na Xunta de Goberno Local desta semana o convenio de colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI) para a posta en marcha da sexta edición do programa Inicia Coworking.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 98
- 99
- 100
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- …
- seguinte ›
- última »