O Centro de Empresas e Innovación, CEI, acolleu hoxe a xornada formativa As novas tecnoloxías na empresa galega, organizada pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real.
O acto estivo centrado na conferencia de Stefanie Kraus sobre as novas tecnoloxías no ámbito da empresa galega e da súa vantaxe competitiva. Esta ponente está considerada como a maior experta en aplicación de novas tecnoloxías na empresa. De feito, recibiu o premio ao mellor directivo do ano 2006 na categoría Pymes.
A Concelleira Economía e Emprego, Sonia Méndez, guiou a unha treintena de empresarios do polígono do CEAO nunha visita para coñecer as instalacións do Centro de Empresas e Innovación e as salas do Nodus.
Os empresarios mostraron o seu interese polos medios cos que conta o centro e a utilidade para as súas empresas.
O Centro de Empresas e Innovación, CEI, acolle mañá, a partir das dez da mañá, unha nova xornada de formación baixo o título As novas tecnoloxías na empresa galega. Esta actividade está organizada pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real.
O acto estará fundamentado na conferencia que ofrecerá Stefanie Kraus sobre as novas tecnoloxías no ámbito da empresa galega e da súa vantaxe competitiva. Esta ponente está considerada como a maior experta en aplicación de novas tecnoloxías na empresa.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou dous dos cursos formativos que dende o Concello de Lugo ofrécense ós lucenses desempregados: Técnico en Seguridade Agroalimentaria e Sistemas de Autocontrol, e o de Experto en Software Ofimático Libre.
O nivel de interese despertado polos cursos foi moi elevado, sobretodo entre as mulleres que constitúen o 60% dos asistentes.
O luns 17 de setembro comezan dous dos cursos organizados polo Concello de Lugo para formar as persoas desempregadas nos novos sectores laborais. O obxectivo que persigue o Goberno Local é que os traballadores lucenses conten cos recursos necesarios para competir nos sectores económicos xurdidos nos últimos anos.
A Concelleira de Emprego, Sonia Méndez, asistirá ó inicio do curso de Técnico en Seguridade Agroalimentaria e Sistemas de Autocontrol.
A Mesa de Contratación celebrada esta mañá adxudicou os servizos de telefonía móbil do Concello de Lugo pola metade do prezo actual, conseguindo así un aforro superior ó 50% segundo afirmou o Concelleiro de Economía, Francisco Liñares. Movistar foi a empresa adxudicataria cun prezo de 57.347 euros ó ano seguindo o patrón de consumo municipal. As outras dous empresas, Vodafone e Orange, ofrecían propostas máis custosas para as arcas municipais.
É de subraiar o aforro conseguido tamén nas chamadas a móbiles corporativos, xa que o prezo por minuto pasou de 0,28 euros a 0,0139 euros.
Este mércores, día 12 de setembro, comenzan as probas de selección de candidatos para a participación nos cursos de formación ocupacional que se van impartir no Centro de Empresas e Innovación (CEI) e que están organizados polo Concello de Lugo.
O día 12 terá lugar a proba para o curso de "Técnico en Seguridade Agroalimentaria e Sistemas de Autocontrol", e o xoves día 13 a correspondente ao curso "Experto en Software Ofimático Libre".
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou hoxe as actividades formativas do Centro de Empresas e Innovación (CEI) e Centro de Servizos Tecnológicos (Nodus) dirixidas ós emprendedores e empresas de Lugo. Como explicou a Concelleira, “con estas actividades cumprimos co compromiso adquirido polo PSOE nas pasadas eleccións municipais de abrir o CEI ás empresas lucenses, e de impartir a formación non só ós traballadores senón tamén ós empresarios e emprendedores lucenses, respondendo así as demandas do sector”.
A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, abriu o prazo de inscrición para a terceira edición do proceso formativo Lugo Social.
Nesta ocasión serán tres novas liñas de formación sobre paisaxismo e xardinería ornamental, auxiliar de servizos de rehabilitación e carpintería metálica.
Serán un total de 20 prazas para cada un dos cursos e o prazo de inscrición xa está aberto.
O Centro de Empresas e Innovación de Lugo acolle a partir desta tarde un curso titulado "Cómo adaptar a miña empresa á L.O.P.D". Esta nova acción formativa vai enfocada a universitarios dos ultimos cursos de perfil empresarial e xurídico, e profesionais no ambito da informática e o dereito.
Con este curso preténdese incrementar os coñecementos sobre a lexislación vixente de protección de datos de carácter persoal, e as responsabilidades que se derivan do uso deses datos. Terá o recoñecemento dun credito de libre configuración para todos os estudantes da Universidade de Santiago.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 218
- 219
- 220
- 221
- 222
- 223
- 224
- 225
- 226
- …
- seguinte ›
- última »