O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe a apertura dun novo prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas no centro histórico de Lugo.
Besteiro presentou esta sétima fase de axudas no marco da praza do Campo, "un lugar que reflicte claramente o resultado da aplicación da rehabilitación nos edificios de corte histórico da cidade", dixo.
Según indicou, o outorgamento de subvencións considérase unha técnica para fomentar determinadas actuacións e actividades que se consideran de utilidade pública ou de interese social.
Nos último
O Concello de Lugo abriu o prazo de presentación de solicitudes das axudas para o alugueiro de vivendas en Lugo.
O Concello amplía o seu programa de axudas ao alugueiro a sete categorías de beneficiarios coa finalidade de abarcar aos sectores poblacionais que sofren maior risco de exclusión social. A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre explicou “que este programa vai dirixido á xente que ten graves dificultades para acceder á vivenda e por iso o Concello aumenta os orzamentos para chegar a máis xente”. Este ano o presuposto aumentou nun 43% con respecto ao do ano pasado e ascende ata 66.500 euros.
O lun comezará o proceso de revisión do Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior do centro histórico de Lugo (PEPRI).
Haberá vivendas de aluguer para mozos e maiores, con espazos comúns e cun centro de día
A previsión é ter completada a rehabilitación en 2010, e no vindeiro trimestre xa estarán listas as primeiras 25 vivendas para o aluguer
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, visitaron hoxe as obras de rehabilitación integral que se están executando conxuntamente no barrio da Tinería, no centro histórico de Lugo.
Os veciños das Casas Sindicais de Lamas de Prado e as comunidades 24-25-26 do barrio do Sagrado Corazón convertéronse nos Premios Lugo Ponte Bonito correspondentes ós anos 2005 e 2006. Así o decidiu hoxe o xurado por unanimidade. O premio, convocado polo Concello de Lugo, suporá un investimento en cada barrio gañador de 12.000 euros en obras públicas.
O Concello de Lugo mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes das axudas para o alugueiro de vivendas en Lugo.
O voceiro do equipo de goberno, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou que “o Partido Popular tiña que poñerse colorado” coa futura construción na finca Garañón, lindante coas Costas do Parque, tendo en conta que foi este grupo quen aprobou construír nesta parcela.
Besteiro expresou o “máximo respecto” do equipo de goberno para as persoas que se manifestaron onte contra esta construción. Tal e como declaraba esta semana o propietario da Finca Garañón, “non hai posibilidade de negociar máis do pactado.
O Concello de Lugo pecha mañá, mércores, o prazo de presentación de solicitudes das axudas para o alugueiro de vivendas en Lugo.
O Concello de Lugo estuda cómo compensar ós propietarios dos edificios catalogados para implicalos na súa conservación. Tal e como cambiou positivamente a mentalidade dos cidadáns con respecto ós achádegos arqueolóxicos, o Concello quere colaborar na preservación dos edificios catalogados, xa que a cidade é a última beneficiada. A Comisión de Planeamento estudou hoxe esta cuestión, como informou o voceiro do equipo de goberno, José Ramón Gómez Besteiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1875
- 1876
- 1877
- 1878
- 1879
- 1880
- 1881
- 1882
- 1883
- …
- seguinte ›
- última »