A Casa da Música modifica o seu horario de apertura para a nova temporada e entra en funcionamento a partir deste luns, 3 de setembro.
As instalacións deste servizo, xestionado pola Concellería de Xuventude, permanecerán abertas aos usuarios no seguinte horario:
- Lunes 18:00 a 21:00 horas
- Martes a Xoves 18:00 a 23:00 horas
- Venres e Sábado 16:00 a 23:00 horas
- Domingo 16:00 a 00:00 horas
O Concello de Lugo amplía o prazo de presentación de traballos para o Concurso de Fotografía e Vídeo con Teléfono Móbil ata o día 30 de novembro co fin de facilitar a participación de estudantes de bacharelato e universitarios ante a demanda dos propios centros educativos.
Este certame, organizado pola Concellería de Emprego dentro do programa Lugo Social, está orientado a promover o uso responsable e creativo dos teléfonos móbiles entre a xuventude e amosar a utilidade deste instrumento de comuniccaión para difundir valores de defensa da igualdade, da interculturalidade e contra o raci
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, presentou a nova edición do II Festival Muralla Rock & Motos que acollerá a cidade os días 14 e 15 de setembro. Nesta ocasión, o Concello de Lugo contará coa colaboración da Excelentísima Deputación Provincial que cede a explanada dos Robles, xunto ao río Miño, para a súa celebración. Neste espacio habilitarase unha zona de acampar, unha para a concentración de motos e outra para os concertos.
A Concelleira explicou que este festival retoma o seu espíritu inicial para rendirlle unha homenaxe á música rock.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentaron hoxe os cursos formativos que dende o Concello de Lugo se ofrecen ós lucenses desempregados.
Como indicou a Concelleira de Economía, o Concello está a traballar para poder competir cuns recursos humanos ben preparados e non por salarios baixos.
O XVI Congreso da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais Abrir novos espazos e sacudir os comportamentos, que se celebra na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo e que reunirá ata o vindeiro sábado 22 a mais de 250 expertos, foi inaugurado este xoves, día 20.
Ao acto oficial asistiron o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela; o Alcalde de Lugo, José López Orozco; o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o decano da Facultade de Ciencias, Francisco Fraga; o presidente da Sociedade Española de Medicina e Seguridade no Traballo, Francisco de la Gala e
Este martes, 11 de setembro, comeza a montaxe do escenario que acollerá os concertos do Festival Muralla Rock & Motos. A ubicación definitiva deste escenario será a explanada do aparcadoiro do campo de fútbol Ángel Carro, próximo á beira do río Miño.
O Concello decidiu modificar a situación prevista xunto á área recreativa dos Robles por motivos de accesibilidade, tanto para o público como para os tráilers dos grupos, e para asegurar a visión do escenario a todos os asistentes, pois é un terreo chá e sen árbores que poidan obstaculizar a visibilidade.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentaron as xornadas transnacionais Muller, emprego e calidade social que se celebrarán en Lugo os días 27 e 28 de setembro.
O Festival Muralla Rock & Motos arrinca este venres, día 14 de setembro. Os acordes comezarán a soar a partir das 19:30 horas na explanada do aparcadoiro do Ángel Carro.
O cartel para o día 14 está conformado polas actuacións de Poncho K, o grupo ourensán Malasaña, Mirage, Durango e Santiago Campillo & The Electric Band.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou hoxe a proposta das actividades formativas do Proxecto Parque para directivos e xerentes do polígono do CEAO.
Como explicou a Concelleira, son cursos elaborados conxuntamente entre a Universidade de Santiago de Compostela (entidade encargada de impartilos) e os empresarios do CEAO. Na súa confección atendeuse tamén a un estudo de necesidades formativas elaborado pola Fundación Caixanova sobre o máximo aproveitamento das novas tecnoloxías por parte das empresas.
O sábado, día 15 de setembro, despídese o II Festival Muralla Rock & Motos con máis concertos e unha concentración moteira internacional que realizará un percorrido polas rúas da cidade.
O cartel da última xornada do Muralla conta con actuacións de primeiro nivel cos míticos grupos de Saratoga, Stravaganzza, Talesien, Beethoven R e Ñú.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1872
- 1873
- 1874
- 1875
- 1876
- 1877
- 1878
- 1879
- 1880
- …
- seguinte ›
- última »