O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, abriron esta mañá o ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo.
Neste programa participarán preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo.
O Concello de Lugo e a Asociación de Amas de Casa e Consumidores celebran o xoves de forma conxunta o Día do Consumidor cunha xornada dedicada á nutrición. Así o anunciou hoxe a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e Purificación Vázquez, vocal desta asociación.
A xornada sobre nutrición terá lugar no Hotel Torre de Núñez e dará comezo ás once da mañá. Consistirá principalmente na celebración dun almorzo saudable, que estará documentado pola conferencia de María Ausencia Tomé, Delegada Provincial de Sanidade na Coruña.
Os alumnos do grupo de nivel avanzado da Aula de Formación Teatral, dependente da Concellería de Educación, participarán nunha viaxe didáctica a Londres os vindeiros días 2, 3 e 4 de marzo.
A Concellería de Educación subvenciona parte da excursión coa finalidade de completar o programa formativo deste curso de teatro. Un total de doce alumnos viaxarán á capital británica para asistir ao musical “O pantasma da ópera”, que leva máis de trinta anos en cartel, e para visitar o emblemático teatro fundado por Shakespeare The Globe Theatre.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 16 de marzo, o Servizo de Desratización actuará nas avenidas Alfonso X e República Arxentina e nas rondas de Fingoi e do Carme.
Trátase dunha nova actuación deste servizo, que actúa todas as semanas en Lugo e que realiza o tratamento de todos os barrios unha media de tres veces ao ano.
Un total de 200 persoas participaron onte nunha xornada do Consello Escolar de Galicia, organizada como encontro cos membros dos consellos escolares dos centros de ensino non universitario e cos integrantes dos concellos municipais.
O Concello de Lugo e a Asociación de Amas de Casa e Consumidores celebran o xoves de forma conxunta o Día do Consumidor cunha xornada dedicada á nutrición.
A xornada sobre nutrición terá lugar no Hotel Torre de Núñez e dará comezo ás once da mañá. Consistirá principalmente na celebración dun almorzo saudable, que estará documentado pola conferencia de María Ausencia Tomé, Delegada Provincial de Sanidade na Coruña.
O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá dende o luns e até o día 30 de marzo unha programación elaborada para os escolares sobre a figura de Mozart.
Esta programación consta dunha exposición sobre a figura do músico, na celebración do 250 aniversario do seu nacemento, e tamén da organización de talleres pedagóxicos a cargo do persoal do Museo Interactivo da Música de Málaga.
Este grupo de actividades, coordinado polo grupo Everest e organizado pola Concellería de Educación, foi presentado esta mañá pola Concelleira, María Dolores Vieiro, e pola representante de Everest Carmen Can
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, anunciou hoxe a adxudicación definitiva do concurso da asistencia técnica para o desenvolvemento, posta en marcha e mantemento do portal municipal Lugo Dixital a Sun Microsystems.
O Concello de Lugo está a exportar o modelo dos almorzos saudables que puxo en marcha hai catro anos e que recentemente foi coñecido in situ pola propia Ministra de Sanidade, Elena Salgado. O Alcalde explicou que varias comunidades autónomas como Cataluña ou Asturias demandaron información ó Concello para poñer en marcha este mesmo modelo.
A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, comeza o louns unha nova edición das xornadas de “Transtornos da alimentación: anorexia e bulimia”, que se levan a cabo nos institutos da cidade. Serán un total de 700 alumnos os que participarán nesta nova edición, tamén a cuarta, procedentes de nove centros de ensino de Secundaria.
As reunións informativas estarán a cargo novamente de Ana Isabel Gutiérrez.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1862
- 1863
- 1864
- 1865
- 1866
- 1867
- 1868
- 1869
- 1870
- …
- seguinte ›
- última »