O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, mantiveron unha nova xuntanza cos representantes dos grupos da oposición para analizar o Plan Xeran de Ordenación Municipal.
O Concelleiro de Urbanismo indicou que nesta xuntanza estudáronse principalmente os aspectos relacionados coa ordenación dos barrios da Cheda e do Carme.
A Ministra de Sanidad, Elena Salgado, visitará en próximas datas Lugo para coñecer o funcionamento dos almorzos saudables que celebra o Concello de Lugo dende hai catro anos. Así o anunciou esta mañá o Alcalde, José López Orozco, na visita que realizou con motivo da inauguración desta cuarta edición no colexio Illa Verde.
O Alcalde avanzou tamén a importancia que teñen estes almorzos para concienciar a pequenos e pais da importancia de almorzar correctamente para render completamente no colexio.
“Comeza en Lugo un novo momento moi importante que temos que saber aproveitar”.
O Concello de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela firmaron un convenio de colaboración entre as dúas entidades para a implantación do Plan de Emergencia Municipal e o seu desenvolvemento no próximo ano.
O Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, e o Vicerrector de Coordinación do Campus da USC en Lugo, Carlos Herrera asinaron este convenio polo que a universidade prestará un servizo de asesoramento e asistencia técnica na área de sistemas de información xeográfica para o Concello.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 19 de xaneiro, o Servizo de Desratización actuará nas seguintes rúas e prazas do barrio de Recatelo:
Avda. Ramón Ferreiro
Rúa Anxel López Pérez
Glorieta Irmans Pedrosa
Avda. Rodríguez Mourelo
Avda. Dr.
O Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, deu conta dos asuntos tratados na Comisión especial de estudo do Planeamento que tivo lugar no Salón de Comisións da Casa Consistorial.
Esta Comisión especial reuniuse, segundo explicou o edil de Urbanismo, para revalidar os acordos adoptados polos grupos políticos nas distintas xuntanzas mantidas dende hai uns meses para analizar o PXOM.
Ludus Party.net foi galardoada o pasado luns, día 22, con dous premios honoríficos "Lobos de Oro", que concede todos os anos a agrupación Lanparty ás mellores parties do panorama nacional. Este grupo está formado por profesionais do mundo da informática e por afeccionados de alto nivel que participan habitualmente nas festas tecnolóxicas máis prestixiosas do país.
A party lucense xa se convertiu nun acontecemento de referencia nos circuitos das parties e foi valorada en votación pública entre un total de 91 festas das que se celebran no territorio nacional.
O programa dos almorzos saudables, organizado pola Concellería de Servizos Xerais, continúa esta semana visitando distintos colexios da cidade coa novidade de que, o vindeiro martes, a Ministra de Sanidade, Elena Salgado, asistirá a un almorzo para coñecelos personalmente no Colexio Rosalía de Castro.
Como xa anunciara o Alcalde, José López Orozco, o día da inauguración desta cuarta edición dos almorzos saudables, a visita da Ministra obedece ó seu interese por coñecer a organización desta iniciativa que está obtendo moito éxito nos colexios lucenses.
Os colexios que figuran na a
O Alcalde, José López Orozco, presentou hoxe o proxecto de construcción dunha nova iniciativa cultural deste equipo de goberno que consistirá na primeira Casa das Linguas da cidade, que estará situada na rúa Estrada da Granxa.
Trátase dun local de 424 metros cadrados, que acollerá dentro de varios espazos diferenciados unha bibioteca, unha hemeroteca, unha videoteca, ordenadores con conexión a Internet, e un lugar para ver películas de vídeo, ademais doutros lugares destinados á conversación en dous idiomas.
O Alcalde explicou que a intención da Casa das Linguas é servir de lugar
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 2 de febreiro, o Servizo de Desratización actuará nas rúas e prazas da zona da Piringalla e arredores.
Ademais, tamén actuarán por todo o parque da Milagrosa e repasarán as seguintes rúas:
Rúa Serra de Ancares
Rúa Castelao
Zona do Carqueixo e arredores
Trátase dunha nova actuación deste servizo, que actúa todas as semanas en Lugo e que realiza o tratamento de todos os barrios unha media de tres veces ao ano.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1859
- 1860
- 1861
- 1862
- 1863
- 1864
- 1865
- 1866
- 1867
- …
- seguinte ›
- última »