O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, informou da xuntanza mantida entre o Alcalde de Lugo, José López Orozco, representantes dos distintos grupos con representación municipal e técnicos do Concello, para falar sobre a posibilidade de crear unha empresa con maioría de capital público que se ocupe da xestión da auga.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, amosaron a súa satisfacción polo decreto da Fiscalía da Audiencia Provincial de Lugo que arquiva as dilixencias informativas relacionadas co vertedoiro de San Cibrao.
A CHN activou o plan Especial de Actuación en situacións de Alerta e Eventual Seca e solicitou a colaboración do Concello
Na cidade de Lugo neste momento non hai risco de desabastecemento
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentaron as medidas que o Concello adoptará ante a escasez de chuvias rexistrada nos últimos meses en Galicia.
A XVII edición do Festival de Jazz, organizado pola Asociación de Amigos del Jazz (Escobijazz) e copatrocinado polo Concello de Lugo, a Consellería de Innovación e Industria e a Fundación Caixa Galicia terá lugar ó longo de toda a semana.
O Centro Social Uxío Novoneyra acolle o luns o Torneo de Xadrez de Semana Santa, organizado dentro do circuíto Camiño do Scacorum pola Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso.
Haberá cinco categorías para a participación: menores de 8 anos, menores de 10, menores de 12, menores de 14, menores de 16 e menores de 20 anos, ademais dunha categoría para os familiares dos participantes.
O torneo celebrarase entre as once e a unha, pola mañá, e de cinco a sete, pola tarde.
As actividades formativas do programa Conéctate en Lugo, deseñadas para achegar a todos os cidadáns as novas tecnoloxías, continúan esta semana nos barrios do Castiñeiro e de Montirón.
Os días 4 e 5 o programa desenvolverase no Telecentro do Castiñeiro, onde os usuarios que o desexen poderán achegarse ao mundo da informática e da rede en horario de mañá (de 11 a 13 horas) e de tarde (de 17 a 19 horas), de xeito totalmente gratuíto e guiados polos expertos monitores.
A Concellería de Educación, a cargo de María Dolores Vieiro, levará a cabo durante o mes de abril un programa de animación á lectura en rapaces do primeiro ciclo de Primaria en colaboración coas editoriais OQO e Anaya. Trátase dunha serie de actividades que se desenvolverán dende o martes e até o día 16.
Esta campaña coincide coa celebración o día 2 de abril do Día Internacional do Libro Infantil e o 23 do mesmo mes do Día Mundial do Libro.
A Concelleira de Servizos Sociais, Carmen Basadre, acompañada de membros de asociacións de persoas con discapacidade, como Auxilia e Cogami, visitaron hoxe o novo ascensor do aparcadoiro subterráneo da praza de Ferrol.
Esta nova dotación comezou a funcionar esta fin de semana, unha vez rematadas as obras e obtido o visto bo dos colectivos aos que vai dirixido.
Segundo indicou a Concelleira, trátase do segundo ascensor que se pon en marcha, despois do da praza de Santo Domingo, unha vez que o Concello tomou a determinación de facer accesibles para persoas con discapacidade este ti
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 8 de xuño, o Servizo de Desratización actuará no parroquia do Carqueixo.
Trátase dunha nova actuación deste servizo, que actúa todas as semanas en Lugo e que realiza o tratamento de todos os barrios unha media de tres veces ao ano.
O Tren da Lingua iniciou hoxe os seus percorridos dende Lugo para fomentar o uso do galego entre nenos de 5 a 8 anos de idade.
Desta estación de ferrocarril saíron preto de seiscentos cativos repartidos en tres viaxes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1853
- 1854
- 1855
- 1856
- 1857
- 1858
- 1859
- 1860
- 1861
- …
- seguinte ›
- última »