O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañados doutros membros do equipo de goberno, recibiron hoxe de xeito oficial a David Veiga, campión de España de marcha en ruta xuvenil.
Durante un acto distendido, o deportista lucense compartiu cos presentes os momentos máis importantes desta carreira que o ten colocado xa entre os deportistas de elite.
David Veiga confesou que os seus comezos neste deporte estiveron ligados ás carreiras do circuíto Corre con Nós, tal e como sucedera con María Abel, como lembrou o Alcalde.
A
A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, pecha mañá, mércores, o prazo de matrícula para os os admitidos nos cursos de natación que se organizan nas piscinas de Frigsa e As Pedreiras.
Este prazo abre para o que tiñan realizada a solicitude de praza nas instalacións das dúas piscinas.
Tras este acontecemento iniciaranse as obras de reforma do campo do Polvorín
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá xunto ao Xefe Provincial de Deportes, Eduardo Fernández Abel, e os directivos do SDeC Polvorín, Julián Carballo e Carmen Télez, o II Torneo de Polvorín de Fútbol Base.
Esta competición celebrarase os días 6, 7 e 8 de abril no campo municipal do Polvorín e "é unha boa oportunidade de que os nenos da cidade gocen do deporte nas vacacións de Semana Santa" tal e como sinalou o edil.
O mércores dará comezo un curso de alfabetización informática organizado polo Concello de Lugo e destinado a persoas inmigrantes ou emigrantes retornados, que carecen de coñecementos nesta materia ou teñen un nivel básico.
O curso que dará comezo o 24 terminará o 2 de febreiro en horario de catro e media a oito e media cun total de 32 horas lectivas. Existe un máximo de 15 prazas e cada alumno disporá do seu propio ordenador.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá xunto ao Director da Xira Fútbol Park- Copa Umbro, -Javier Pleguezuelos- e o Director de Área de Negocios de La Caixa -José Manuel López- a quinta edición da Copa Umbro de Fútbol 3x3, que é o acontecemento deportivo itinerante máis importante de España.
O vindeiro 22 de febreiro Lugo acollerá no salón de actos do Centro social Uxío Novoneyra o Foro Internacional de Comunicación e Xuventude que organiza o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Observatorio Galego dos Medios en colaboración co Concello de Lugo.
A Concellería de Deportes celebrará na segunda quincena do mes de abril un curso de pesca para principiantes no que se incluirán saídas ao río durante as fins de semana.
O curso desenvolverase os martes e xoves correspondentes aos días 17, 19, 24 e 26 de abril. As saídas ao río serán os sábados 21 e 28.
No curso impartiranse distintos contidos, como montaxe, entomoloxía, nudos, lance e pesca á ninfa.
A Concellería de Deportes celebrará na segunda quincena do mes de abril un curso de pesca para principiantes no que se incluirán saídas ao río durante as fins de semana.
A inscrición, que pechará mañá, xoves, pode facerse nas oficinas da Concellería de Deportes (nas piscinas de Frigsa), no teléfono 982 20 63 40 ou no correo electrónico deportes@concellodelugo.org.
O curso desenvolverase os martes e xoves correspondentes aos días 17, 19, 24 e 26 de abril.
A Concelleira salienta a eficacia da prevención e a educación como armas de loita contra as drogodependencias.
Convocado un concurso de carteis para as I Xornadas Lucenses de Prevención de Drogopependencias.
A Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre, presentou esta mañá o balance das actividades postas en marcha dende o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias no pasado ano.
A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, dará inicio o luns a un curso de pesca para principiantes no que se incluirán saídas ao río durante as fins de semana.
O curso desenvolverase os martes e xoves correspondentes aos días 17, 19, 24 e 26 de abril. As saídas ao río serán os sábados 21 e 28. Nesta edición participarán un total de 25 alumnos de diferentes idades.
No curso impartiranse distintos contidos, como montaxe, entomoloxía, nudos, lance e pesca á ninfa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1840
- 1841
- 1842
- 1843
- 1844
- 1845
- 1846
- 1847
- 1848
- …
- seguinte ›
- última »