A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, acompañada por representantes das Confrarías de Lugo, presentou esta mañá o programa da nova edición da Semana Santa lucense, que contará con varias incorporacións ao seu programa.
A Concelleira suliñou que se trata dun recurso turístico de primeira importancia para a cidade, xa que o ano pasado Protección Civil estimou que unhas 150.000 persoas presenciaron as procesións.
A revista Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina web. Esta publicación virtual chega ao número dezanove da súa andaina.
O sumario deste décimonoveno número aborda os seguintes temas:
- No apartado de Historia de Mulleres ríndeselle unha homenaxe á heroína María Pita.
- Na Galería de Arte presentamos a obra da gran artista vangardista Tarsila do Amaral.
- Na Portada ofrécese unha reflexión sobre a festa do orgullo gay, lésbico, bisexual e transexual celebrada en Madrid.
Lugo estuvo presente en la mayor feria de turismo del mundo, la ITB de Berlín, que contó con la participación de 11.000 expositores de 184 países y más de 140.000 visitantes.
El Salón Internacional del Turismo Cultural de Berlín celebraba este año su edición número 41, considerado como una plataforma incomparable para el negocio del turismo. Se trata del mejor escaparate en lo que a turismo cultural se refiere, tanto en el ámbito nacional alemán como en el panorama internacional.
O vindeiro xoves 23 de agosto proxectarase a última película do Ciclo de cine de verán na rúa que organiza o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias. Nesta ocasión os asistentes disfrutarán a partir das 22:30 horas na praza do Castiñeiro de El secreto de los Mac Cann. O filme conta a historia dun mozo que, obrigado pola súa nai, vai pasar o verán na granxa dos seus excéntricos tíos en Texas.
O Concello de Lugo mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes das axudas para o alugueiro de vivendas en Lugo.
As oficinas de atención ós inmigrantes atenderon case 1.000 consultas no último semestre do 2006.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez González, renovaron o convenio de colaboración para este ano que permitirá ó Concello seguir ofrecendo un servizo de información e orientación ás personas inmigrantes e emigrantes retornados. No transcurso do acto, déronse a coñecer outras medidas para este ano que favorecerán a inserción destas persoas.
O Alcalde destacou que “ninguén emigra porque quere”.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá o I Trofeo Internacional Muralla Romana de Fútbol Feminino xunto ao Director do torneo, Noel Blanco, e a Tesoreira do Club Atlético Muralla, Hilda Rodríguez.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias comeza hoxe unha serie de actividades dirixidas a mozas e mozos do Concello e subvencionadas polo Plan Nacional de Drogas e a venda de obxectos decomisados na loita contra as drogas.
O primeiro destes programas leva por título “E ti, ¿comunicas?” e consiste nunha serie de sesións para promocionar as habilidades sociais. Terán lugar todos os xoves e venres até o 23 de marzo, de catro a sete da tarde. Está dirixido a mozas e mozos de 12 a 20 anos.
A Peña Motorista Lucense realizou o pasado domingo, día 26 de agosto, a súa tradicional visita anual ao parque Natural de Peneda-Gêres situado no norte de Portugal. Desde fai seis anos, cada último domingo de agosto parten desde Lugo nesta saída na que percorren máis de 400 quilómetros para gozar do pracer da condución e dunha xuntanza gastronómica.
Un total de once motos e quince motoristas participaron na expedición, que partiu ás 9:00 horas desde O Ceao.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias publica hoxe a lista de admitidos no curso de formación de monitores para prevención dende o tempo de lecer que arrincará a fin de semana do 9 e 10 de marzo.
A lista pode consultarse no taboleiro de anuncios de Centro Social Uxío Novoneyra e na páxina web do Servizos de Prevención das Drogodependencias, www.prevenciondrogas.lugo.es.
Debido ao éxito experimentado o ano pasado, formaranse tres grupos con distintos horarios de clases.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1825
- 1826
- 1827
- 1828
- 1829
- 1830
- 1831
- 1832
- 1833
- …
- seguinte ›
- última »