O Concello de Lugo sumarase un ano máis ao programa de actividades organizado por Carrefour con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
A actividade consistirá nunha xornada de convivencia e integración de colectivos con discapacidade co medio ambiente.
A Concelleira de Muller e Benestar, Carmen Basadre, explicou hoxe que un total de 500 persoas solicitaron xa información e recolleron os impresos necesarios para poder solicitar as axudas e subvencións propias da lei de Dependencia.
Carmen Basadre lembrou que o Concello ten aberta unha oficina informativa sobre este particular que neste tempo leva xa traballado sobre cen casos.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa este sábado co programa San Ocio, unha nova campaña que se inicia este ano coa que se pretende loitar contra a drogodicción mediante o uso do deporte e do ocio en xeral.
A actividade de “San Ocio” está programada para desenvolverse en catro puntos da cidade, específicamente nas zonas da Piringalla (IES Pirinagalla), en Lamas de Prado (IES Leiras Pulpeiro), no Sagrado Corazón (CEIP Sagrado Corazón) e na zona de San Lázaro (CEIP A Ponte).
O Concello de Lugo celebrará durante a próxima semana a clausura do programa de animación sociocultural dos centros sociais, que se desenvolveu na cidade dende o mes de outubro.
Os actos de clausura celebraranse todos os días da semana ás doce da mañá. O luns será a vez do Centro Social Lamas de Prado, o martes do Uxío Novoneyra, o mércores do Sagrado Corazón, o xoves en Fingoi e o venres na Milagrosa.
Nestes pequenos actos de clausura está prevista a participación dos habituais dos obradoiros e do resto de actividades celebradas.
A praza Maior acollerá mañá, martes, ás seis da tarde, a entrega de premios do concurso organizado por Carrefour e o Concello de Lugo con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
Esta actividade consistiu nunha xornada de convivencia e integración de colectivos con discapacidade co medio ambiente que se celebrou o sábado e na que participaron 15 rapaces e rapazas.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, pecha mañá, martes, o prazo de solicitude de axudas económicas para persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos do transporte en taxi adaptado-exercizo 2007 aprobadas por Decreto da alcaldía nº 57/2007 do libro de resolucións en materia de contratación-fomento.
As bases reguladoras deste tipo de axudas publicáronse no BOP nº 102 do venres, 4 de maio de 2007, e están expostas no Tabolerio de Edictos deste Concello (Edificio de Servizos Administrativos), durante o prazo
As ociotecas e aulas abertas comezarán a funcionar o 25 de xuño en horario de mañá e tarde
Os cinco centros sociais do Concello de Lugo ofertarán novamente este verán numerosas actividades e obradoiros para os que se abre a próxima semana o periodo de inscrición.
Serán un total de 445 prazas para rapaces e 250 para adultos as que estarán dispoñibles para os obradoiros que, como todos os anos, estarán máis orientados aos rapaces.
O Concello de Lugo está a celebrar durante esta semana a clausura do programa semestral de Animación Sociocultural dos centros sociais municipais, que se desenvolveu na cidade desde o mes de outubro.
Os actos de clausura están a ter lugar todos os días da semana ás doce da mañá.
En la mañana de este martes han sido presentadas las VII Colonias de Verano Multideporte en una rueda de prensa que tuvo lugar en el Excmo. Ayuntamiento de Lugo y a la que asistieron la Concejala de Mujer y Bienestar, Carmen Basadre, el Concejal de Deportes, Jose M. Díaz Grandío, la Jefa del Servicio Provincial de Juventud de la Xunta de Galicia, Belén Casas, el Jefe Provincial de Deportes, Eduardo Fernández Abel, así como el Gerente de Prone Lugo, Oscar Hermida.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou na entrega dos premios do concurso organizado por Carrefour e o Concello con motivo da celebración hoxe do Día Mundial do Medio Ambiente.
O pasado sábado, 15 rapaces e rapazas das asociacións Aspace, Síndrome de Down e Cruz Vermella celebraron unha xornada de convivencia e integración.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1820
- 1821
- 1822
- 1823
- 1824
- 1825
- 1826
- 1827
- 1828
- …
- seguinte ›
- última »