O prazo de inscrición para participar no Gran Concurso de disfraces para adultos do Concello de Lugo pechou este luns ás dúas da tarde con preto de 300 participantes inscritos.
A praza Maior acolle hoxe o tradicional concurso de disfraces que se organiza con motivo das festas do Entroido e que é o prato forte do programa, que este ano estivo elaborado polas Concellerías de Cultura, de Muller e Benestar Social, de Xuventude e de Deportes.
En adultos este ano repartiranse un total de 9.000 euros en premios, con distincións para os tres primeiros clasificados nas tres categorías existentes: individual, parellas e comparsas.
O Concello de Lugo realizará unha viaxe á aula da natureza do Veral, organizada dentro das actividades de Animación Sociocultural da Concellería de Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.
Mercedes Méndez na categoría de Filloa, Saleta Vázquez, na categoría de Crepe e María Antonia de la Villa na categoría de Orella foron as gañadoras do Concurso e Degustación de Orellas e Filloas do Concello de Lugo, tal e como fixo público o Alcalde despois da deliberación do xurado. Trescentas persoas congregáronse na carpa da Praza Maior para degustar gratuitamente estes produtos típicos do Entroido e gozar coa música das charangas.
Por vez primeira o Concello organizou un Concurso e Degustación de Filloas e Orellas dirixido á poboación en xera, agás os profesionais da hostalería.
A Concellería de Muller e Benestar Social remata mañá, venres, un ciclo de charlas médicas que, baixo o título Sanidade na terceira idade, organizado xunto ao Servicio Galego de Saúde nas distintas parroquias e barrios de Lugo. O ciclo remata na parroquia de Soñar, ás seis da tarde do venres.
Esta iniciativa obedece ao convenio de colaboración asinado entre o Concello, o Sergas e o Colexio Oficial de Enfermeiría de Lugo para levar a cabo unha serie de accións formativas relacionadas coa saúde.
O Martes de Entroido acolleu o tradicional concurso de disfraces de adultos organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que este ano contou con preto de 300 participantes. O bo tempo acompañou á tarde festiva e os concursantes desplegaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosos lucenses.
O concurso, que repartiu 8.100 euros en premios, comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron sete persoas.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias remata mañá, venres, o ciclo Alucine, subvencionado polo Plan Nacional de Drogas. A película elexida para o peche desta edición é “Corre Lola, Corre”.
Este ciclo contemplou a proxección de 12 películas de varias nacionalidades. Todas elas teñen un recoñecido prestixio, ao estar incluídas dentro do Plan Nacional contra as drogas.
Un total de 456 persoas participaron na enquisa da páxina web www.lugo.es sobre os diferentes aspectos do Entroido preferidos polos lucenses. Deste xeito, o 23,24% asegura gozar de todos os seus aspectos, aínda que o 103 (22,58%) inclínase pola gastronomía.
Ademais, uns 85 votos (o 18,64%) obtiveron os que prefiren o ambiente da rúa. Seguidamente, 71 (15,57%) votou polos disfraces e 67 (o 14,69%) polos concursos e desfiles.
Os actos programados polo Concello de Lugo para festexar o Entroido 2007 remataron este mércores coa celebración do Enterro da Sardiña.
O Enterro da Sardiña partiu ás oito da tarde dende o Círculo das Artes e percorreu as rúas do centro histórico para rematar na Praza Maior coa lectura dos ferretes e a despedida ao Entroido ata o vindeiro ano.
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias continúa ese sábado co programa San Ocio, unha nova campaña coa que se pretende loitar contra a drogodicción mediante o uso do deporte e do ocio en xeral.
A actividade de “San Ocio” está programada para desenvolverse en catro puntos da cidade, específicamente nas zonas da Piringalla (IES Pirinagalla), en Lamas de Prado (IES Leiras Pulpeiro), no Sagrado Corazón (CEIP Sagrado Corazón) e na zona de San Lázaro (CEIP A Ponte).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1818
- 1819
- 1820
- 1821
- 1822
- 1823
- 1824
- 1825
- 1826
- …
- seguinte ›
- última »