Volume de operacións pechadas: 153 operacións, o cal representa un incremento con respecto das cifras da anterior edición e con respecto ao Salón do Automóbil da semana pasada (arredor de 100 operacións).
O Alcalde, José López Orozco, o Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, e os representantes dos distintos grupos políticos con representación municipal, mantiveron unha xuntanza para estudar as alegacións presentadas polos colectivos sociais, colexios oficiais e polos propios partidos políticos ó Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O Concelleiro de Urbanismo destacou a gran cordialidade e comprensión na que se desenvolven estas xuntanzas, para as que xa se fixou un calendario de encontros ó longo do mes de agosto.
O Concello de Lugo inicia o domingo os actos de celebración da festividade do Corpus, na que destaca principalmente a Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, que este ano estará a cargo do Alcalde da Coruña e que se celebrará o domingo día 17.
Os actos previos á ofrenda terán lugar este domingo, día 10, na propia festividade do Corpus Cristi. Consistirán nunha misa, ás doce, na Catedral seguida de procesión. Asistirá á mesma a Corporación lucense presidida polo Alcalde.
O día 16 celebraranse as solemnes vísperas de Corpus, ás oito da tarde, tamén na Catedral.
O Alcalde de Lugo José López Orozco, o Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares e os voceiros dos grupos políticos municipais, mantiveron unha nova xuntanza para analizar distintos puntos do Plan Xeral de Ordenación Municipal e chegar a un consenso na súa aprobación.
Segundo sinalou Fernández Liñares, nesta reunión tratáronse “exclusivamente aspectos técnicos do Plan”.
O Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares e os voceiros dos grupos políticos municipais, mantiveron unha nova xuntanza para analizar distintos puntos do Plan Xeral de Ordenación Municipal e chegar a un consenso na súa aprobación.
Fernández Liñares destacou que nesta terceira xuntanza tratáronse aspectos técnicos do plan relativos aos barrios onde se tiñan previstas reformas profundas. Unha das zonas analizadas foi o barrio Feixoo que “queremos reformar pero ao mesmo tempo conservar”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares e os responsables dos distintos grupos políticos con representación municipal, mantiveron a cuarta xuntanza de traballo, esta vez co equipo redactor do PXOM.
A sintonía segue a ser a tónica xeral destas xornadas que nesta ocasión se centraron na análise da zona rural.
Fernández Liñares aclarou que a zona rural ten unhas connotacións xurídicas superiores á zona urbana por imposición da Lei do Solo de Galicia, isto fai que “a liberdade de planificar sexa menor”.
As redactoras do Pla
Terán varias xuntanzas coa Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia co fin de que coñezan o Plan
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e o Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, mantiveron unha nova xuntanza cos responsables políticos municipais para continuar a análise do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
A intención do equipo de goberno é garantir o máximo consenso na aprobación deste documento urbanístico de gran importancia para a cidade. O Concelleiro de Urbanismo destacou que a súa intención é “aprobar un plan consensuado.
A Mesa de Contratación celebrada esta mañá adxudicou os servizos de telefonía móbil do Concello de Lugo pola metade do prezo actual, conseguindo así un aforro superior ó 50% segundo afirmou o Concelleiro de Economía, Francisco Liñares. Movistar foi a empresa adxudicataria cun prezo de 57.347 euros ó ano seguindo o patrón de consumo municipal. As outras dous empresas, Vodafone e Orange, ofrecían propostas máis custosas para as arcas municipais.
É de subraiar o aforro conseguido tamén nas chamadas a móbiles corporativos, xa que o prezo por minuto pasou de 0,28 euros a 0,0139 euros.
O Centro de Empresas e Innovación, CEI, acolle mañá, a partir das dez da mañá, unha nova xornada de formación baixo o título As novas tecnoloxías na empresa galega. Esta actividade está organizada pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real.
O acto estará fundamentado na conferencia que ofrecerá Stefanie Kraus sobre as novas tecnoloxías no ámbito da empresa galega e da súa vantaxe competitiva. Esta ponente está considerada como a maior experta en aplicación de novas tecnoloxías na empresa.
O Centro de Empresas e Innovación, CEI, acolleu hoxe a xornada formativa As novas tecnoloxías na empresa galega, organizada pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real.
O acto estivo centrado na conferencia de Stefanie Kraus sobre as novas tecnoloxías no ámbito da empresa galega e da súa vantaxe competitiva. Esta ponente está considerada como a maior experta en aplicación de novas tecnoloxías na empresa. De feito, recibiu o premio ao mellor directivo do ano 2006 na categoría Pymes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1798
- 1799
- 1800
- 1801
- 1802
- 1803
- 1804
- 1805
- 1806
- …
- seguinte ›
- última »