O vindeiro venres 31 de agosto ás 13:00 horas remata o prazo para inscribirse no 3º Concurso de Tapas de Lugo organizado pola Concellería de Cultura e Turismo.
Este ano haberá un total de 60 establecementos participantes, que deberán elixir entre dúas modalidades de participación: tapa tradicional ou tapa creativa, habendo un máximo de 30 participantes en cada unha destas modalidades.
Establécense dous premios de votación popular: a tapa creativa San Froilán e a tapa tradicional San Froilán, que decidirá o público que visite o establecemento e vote vía internet accedendo á páxina
A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, e o Parque Infantil de Tráfico inician o próximo luns, día 15 de outubro, o ciclo de clases teóricas de Educación Vial que se impartirán nos 25 centros educativos do Concello de Lugo. Os primeiros centros que se inician con esta materia serán o Divino Maestro e o Colexio de Albeiros.
Ata o Nadal as clases de Educación Vial terán lugar nos propios centros educativos e centraranse exclusivamente na teoría.
Un grupo de artistas lucenses integrado por artistas plásticos, fotógrafos, músicos, poetas e monologuistas presentarán este sábado, día 1 de setembro, o "Manifiesto Piantao", que recolle unhas propostas fantásticas para achegar o mar a Lugo.
O Concello de Lugo colabora na organización desta iniciativa que está encadrada no programa de actividades culturais Verán en Lugo.
Comunicamos dende a organización do CCNOS que para tentar manter o mínimo nivel organizativo tanto de cara ós atletas xa inscritos, coma para aqueles que se poideran querer inscribir de cara a esta carreira, faremos unha modificación no regulamento e non deixaremos inscribir a ningún adulto no día da carreira nin presencial nin por internet posto que está prevista unha numerosísima participación, que no caso de ter que facer novas inscricións ese mesmo día podería alterar considerablemente os horarios das carreirasasí como o discurrir normal do sistema organizativo, pol
A Concellería de Cultura e Turismo segue celebrando diversas actividades culturais cumplindo co seu programa Verán en Lugo. Mañá venres, a función do Mago Rafa pechará os eventos do mes de agosto na última Noite de Maxia do verán.
O público que asista a partir das 22:30 horas á Praza de Anxo Fernández Gómez, poderá disfrutar do seu novo espectáculo: El arte de lo imposible. Durante algo máis dunha hora, o Mago Rafa sorprenderá coa mezcla de diferentes estilos de maxia. Para os amantes das emocións fortes realizará un número de escapismo moi arriscado.
Non haberá inscricións o día da carreira.
Inscricións abertas ata o Venres 9 as 14:00 h
na páxina Web http://deportes.lugo.es/CorreConNos ou na Concellería de Deportes.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixo balance das visitas de turistas á cidade nos meses de verán. A Concelleira indicou que entre xuño e agosto, un total de 16.345 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Turismo para solicitar información. Esta cifra supón un incremento dun 13% respecto ó verán do ano pasado, superando en 1.548 visitas ó mes de agosto do 2006.
Non haberá inscricións o día da carreira.
Inscricións abertas ata o venres 16 as 14:00 h na páxina web http://deportes.lugo.es/CorreConNos ou na Concellería de Deportes.
As visitas teatralizadas O encanto de Lugo, a cidade transparente, organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo, cambian o seu horario no mes de setembro para poder aproveitar máis horas de día.
As visitas teatralizadas ó centro histórico e á Muralla, que continuarán ata o 23 de setembro, contarán a partir do venres día 7 co seguinte horario:
- Venres: ás 19:00 horas , ás 20:00 horas e ás 21:30 horas
- Sábados: ás 13:00 horas, ás 18:00 horas, ás 20:00 horas e ás 21:30 horas.
- Domingos: un único pase ás 13:00 horas.
A Concellería de Cultura e Turismo preparou para este venres 7 de setembro, dentro do programa Verán en Lugo, unha original actividade dirixida ós máis cativos: A rúa da Ciencia Divertida.
Neste espectáculo formativo os rapaces coñecerán da man de tres científicos tolos algúns dos secretos da ciencia mellor gardados: de qué está feita a materia, cómo transformar corpos sólidos ou líquidos a gas e, incluso, fabricaran un viscoso elemento coñecido como “flubber”.
A Praza do Campo Castelo acollerá a partir das seis da tarde as tres mesas polas que os nenos poden pasar para completar
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1788
- 1789
- 1790
- 1791
- 1792
- 1793
- 1794
- 1795
- 1796
- …
- seguinte ›
- última »