Lugo terá unha planta innovadora e pioneira en Galicia para a reciclaxe e tratamento de residuos de derrubamentos e da construción e máis un vertedoiro para este tipo de materiais non perigosos. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Asociación de Empresarios da Construción (APEC), Hipólito Trinidad Losada, asinaron esta mañá un convenio de colaboración con este fin. A nova planta permitirá a recuperación do 90% dos materiais a través de tecnoloxía punteira.
Un 73,62% dos lucenses que contestaron na enquisa semanal da páxina web www.lugo.es reutiliza as bolsas dos supermercados para botar o lixo ós contedores, costume que recomenda evitar a campaña publicitaria Lugo limpo gústame máis porque estas bolsas non están preparadas para esta función e rompen con facilidade. Segundo explica a Concellería de Medio Ambiente, ó romper prodúcense verquidos á calzada e nos contedores que contaminan o ambiente e perxudican a nosa vida cotiá.
Un 39,33% dos lucenses que contestaron na enquisa semanal da páxina web www.lugo.es asegura que realiza a separación total do lixo, utilizando os colectores clasificados tal e como está diferenciado hoxe en día na cidade: orgánico, envases, vidro, papel e pilas. Pola contra, o 36,49% afirma non separar ningún tipo de lixo. Os resultados, totalmente polarizados, reflicten que existen na práctica dous tipos de cidadáns.
O Concello de Lugo está estudando a posibilidade de habilitar lugares específicos nas novas urbanizacións para ubicar os colectores soterrados. A intención do equipo de goberno é construír este tipo de colectores para dar servizo ás novas urbanizacións, evitando que ocupen espazo innecesario nas vías públicas e provoquen olores.
A xornada técnica sobre A Xestión dos Residuos Urbanos, organizada pola concellería de Medio Ambiente en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar hoxe no salón de actos da facultade de Humanidades de Lugo. Esta xornada ten como obxectivo ofrecer información técnica especializada sobre a xestión dos residuos urbanos e, en especial, sobre a recollida selectiva dos envases.
Continúa aberto o prazo de inscrición na xornada técnica A Xestión dos Residuos Urbanos, organizada pola concellería de Medio Ambiente, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Ata o de agora xa se cubriron case a metade das prazas, pero manterase aberta a inscrición ata o día do congreso.
A Concellería de Medio Ambiente quere asumir antes do mes de xuño a recollida de envases en toda a cidade, é dicir, asumir todo o contido dos colectores amarelos que actualmente dependen da Xunta de Galicia. Así o anunciou o responsable deste departamento, Lino González-Dopeso, na presentación dunha xornada sobre a Xestión de Residuos Urbanos que ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía.
A Concellería de Medio Ambiente lembra ós cidadáns que o próximo mércores pola noite, día 3 de novembro, non haberá servizo de recollida de limpeza. Como tódolos anos por estas datas, os operarios de Urbaser celebran a súa festividade, San Martín de Porres. Por este motivo, a Concellería fai un chamamento á poboación para que colaboren no posible, evitando encher os colectores de lixo. O xoves quedará reestablecido o servizo.
A Concellería de Medio Ambiente aborda o seguinte paso da súa campaña informativa sobre a recollida selectiva de residuos sólidos urbanos que iniciou a finais do ano pasado.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 2 de novembro o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Rúa Esquiu
Rúa Cova da Serpe
Rúa Pintor Pacios
Rúa Trapero Pardo
Rúa Serra Gañidoira
Rúa da Erba
Rúa Orquidea
Rúa Tino Prados
Rúa Xoan Carballal
Rúa Monte Pena Rubia
Rúa Serra de Outes
Rúa Concello
Rúa Río Lor
Rúa Río Ulla
Rúa Doutor Ochoa
Rúa Sabugo
Rúa Bidueiro
Rúa Ameneiro
Rúa Pomar
Rúa da Pomba
Repasar rúa Marqués de Ombreiro
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1775
- 1776
- 1777
- 1778
- 1779
- 1780
- 1781
- 1782
- 1783
- …
- seguinte ›
- última »