O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, explicaron o proxecto da nova ponte ós veciños do barrio de San Lázaro. Trescentas persoas, procedentes maioritariamente deste barrio da cidade máis das zonas rurais próximas, acudiron ó Colexio da Ponte para coñecer de primeira man o proxecto do Ministerio de Fomento.
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, manterán esta tarde unha reunión cos veciños do barrio da Ponte para informar sobre a nova ponte do río Miño, tal e como fixeron a pasada semana cos de Acea de Olga.
Durante esta xuntanza se dará conta de todos os puntos de interese para os veciños e se presentarán os planos e deseños das alternativas propostas, así como da elexida polos técnicos.
A reunión terá lugar esta tarde, ás oito, no colexio da Ponte e a ela están invitados todos os veciños interesados, así como os residentes desta zona
O mércores, día sete, o Alcalde, José López Orozco, recibirá no nome de Lugo o premio Reina Sofía 2006 de accesibilidade universal de municipios. A entrega oficial do galardón terá lugar á unha da tarde no salón Magnolias do Pazo da Zarzuela.
O Concello de Lugo recibe este galardón dentro da categoría de municipos entre 10.0001 e 100.000 habitantes.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director do Centro de Transfusión de Galicia, Julio Cabrera, asinaron un convenio de colaboración para sensibilizar ós mozos que acadan a maioría de idade sobre a doazón de sangue. Na actualidade Lugo é a cidade das sete grandes de Galicia cunha taxa menor de doazón.
O edil fixo un chamamento á mocidade para que colabore porque "hai necesidade de sangue". O Alcalde enviará unha carta conxunta co Director do Centro para felicitar ós mozos e mozas que cheguen á maioría de cidade.
Despois dunha reunión informativa de preto de catro horas celebrada este luns cos veciños de Aceña de Olga, o Alcalde de Lugo vai ter unha xuntanza cos de San Lázaro e, posteriormente, co Ministerio de Fomento sobre a construción da nova ponte. O obxectivo de López Orozco é informar e escoitar a todos os veciños para procurar o ben da maioría.
O Alcalde de Lugo anunciou esta mañá que terá nos próximos días unha reunión informativa cos veciños do barrio da Ponte para, despois, tratar a construción desta importante infraestrutura da cidade co Ministerio de Fomento.
Os alumnos dos grupos de 4º de ESO do IES Miguel A. González Estévez de Vilagarcía de Arousa achegáronse á Casa Consistorial de Lugo onde foron recibidos ás doce desta mañá pola Concelleira de Xuventude no Salón de Plenos.
Os rapaces do municipio pontevedrés están de visita na cidade e aproveitaron esta excursión para coñecer o funcionamento interno do Concello e as tarefas dos concelleiros.
Rosana Rielo convidounos a gozar desta viaxe e a convertirse en embaixadores de Lugo.
Oito alumnos daneses, acompañados por un grupo de estudantes de primeiro curso de BAC do colexio Galén, foron recibidos hoxe polo Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo. Este grupo vén de chegar a Lugo cun programa de intercambio. A visita ao Concello estaba encadrada nunha excursión pola cidade.
José López Orozco recibiu a este grupo sobre as once e media da mañá para darlles a benvida e explicarlles o funcionamento do Concello.
O Alcalde, José López Orozco, presentou hoxe o decálogo de resolucións elaborado pola Comisión de Patrimonio, que el mesmo preside, para presentar na Asamblea da Federación Española de Municipios e Provincias.
O Alcalde destacou algún dos puntos esenciais que se presentan neste catálogo, realizado en consenso polos alcaldes de concellos de todos os tamaños e de diferente tendencia política de toda España.
Considera López Orozco fundamental o acordo polo que os custes por declaracións de bens de interés cultural ou distincións máis locais deben corresponder a entidade que se solic
O Centro Social de Fingoi acolle o luns unha reunión organizada polo Concello de Lugo para informar aos veciños de Acea de Olga sobre o proxecto de construcción da nova ponte sobre o río Miño.
Esta reunión organízase coa intención de ofrecer toda a información dispoñible e aclarar dúbidas antes de que comece o período de información pública establecido por lei.
Actualmente está elaborado o estudo informativo, que se está a examinar por diversas entidades.
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, manterán unha reunión cos veciños de Acea de Olga para informar sobre a nova ponte do río Miño.
Así o anunciou hoxe o Concelleiro, que sinalou que o proxecto vai para adiante e que se dará conta de todos os puntos de interese para os veciños na reunión que manterán dentro duns días.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1763
- 1764
- 1765
- 1766
- 1767
- 1768
- 1769
- 1770
- 1771
- …
- seguinte ›
- última »