Nos últimos anos a sociedade pasou dunha situación aparentemente mono-cultural a unha sociedade multicultural, polo que xurde a necesidade de novas figuras profesionais que se encarguen da mediación.
O Alcalde de Lugo presidirá a inauguración oficial este venres, 30 de novembro, ás 17:30 horas
O director de cine Coque Rioboó, premiado co Goya á mellor curtametraxe de animación, ofrecerá un taller de creación dixital
Cursos gratuítos de informática, torneos de videoxogos, proxeccións tridimensionais e moitas máis actividades completan unha intensa axenda
A segunda edición da Ludus Party.net pechou o seu prazo de inscrición superando con creces as expectativas de participación e cubríronse as 650 prazas ofertadas.
María Dolores Pradera ofrecerá un concerto conmemorativo desta emblemática data ás 21:00 horas no Auditorio Gustavo Freire
O Ministro de Cultura, César Antonio Molina, xunto ao Alcalde de Lugo, José López Orozco, clausurará este venres, día 30 de novembro, o I Encontro Galego de Poetas nun acto que terá lugar ás 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación Provincial.
O Alcalde de Lugo José López Orozco foi o encargado de inaugurar o I Encontro de poetas que ó longo dos días 29 e 30 ten lugar no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Delegado Provincial de Innovación e Industria, Ramón Cortés, o Director de Publicidad de El Progreso, Luis Barrio, e o representante de Coca-Cola, José María Murado, a VI edición da carreira popular Lugo Monumental.
Esta proba terá lugar o domingo 16 de decembro e xa cumpla a súa sexta edición “xa consolidada no ranking de carreiras galegas e moi ben valorada polos participantes, incluso por enrriba de probas máis antigas que esta”, tal e como indicou o edil.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e Braulio Vivas Moreno, o responsable de Programas de Empresa Familiar Creación e Consolidación de Pemes da Escola de Organización Industrial (EOI), presentaron o programa de Consolidación Empresarial terá lugar no CEI-NODUS.
O programa está dirixido a empresarios que desexen replantearse a súa empresa para axustarla ás novas necesidades do mercado e actualizar os seus coñecementos de xestión; en definitiva, que sinten a necesidade de involucrarse na formación contínua como medio de manter e mellorar a súa competencia profesional.
O Concello de Lugo organiza unha nova conferencia sobre consumo dentro do programa de actividades deseñado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor para os meses de novembro e decembro deste ano.
Estas actividades organízanse dacordo coa política do Concello de fomentar o consumo responsable entre os lucenses e de actualizar os seus coñecementos nesta materia achegándolles as últimas novas e reformas en normativas relacionadas co ámbito do consumidor.
O I Encontro de Poetas Galegos que organizan o Concello de Lugo e RNE é un feito pioneiro en Galicia e en España e arrinca en Lugo este xoves, 29 de novembro, ás 12:00 horas, coa inauguración por parte de José López Orozco no Salón de Actos da Deputación Provincial.
Nesta xornada de apertura celebraranse as dúas primeiras sesións que durarán arredor de dúas horas e contarán coas interpretacións musicais dos cantautores Fran Pérez, Xabier Díaz e Luis Emilio Batallán.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Servizos Sociais, Carmen Basadre presentaron o proxecto europeo Senior Tics.
A psicóloga-terapeuta Esther Viña Gundín será a encargada de impartir a conferencia titulada “Manexar construtivamente a morte” que se celebrará o día 28 de novembro ás 19:30 horas no Centro Social Uxío Novoneyra.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1759
- 1760
- 1761
- 1762
- 1763
- 1764
- 1765
- 1766
- 1767
- …
- seguinte ›
- última »