A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou o programa de actos do Día Mundial do Consumidor xunto a Presidenta da Asociación de Amas de Casa de Lugo, Cristina Abadín Blanco.
A edil aproveitou a ocasión para ofrecer un balance das consultas e das reclamacións rexistradas na Oficina Municipal do Consumidor (OMIC) ao longo dos meses de xaneiro e febreiro de 2008.
Porán en común os plans de desenvolvemento deste proxecto europeo
Carmen Basadre convidará á Cámara Municipal de Braga a colaborar no Arde Lucus
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, viaxa este mércores á cidade lusa de Braga para reunirse cos socios do proxecto europeo “Senior Tics”, que lidera o Concello de Lugo, e no que participan a Cámara Municipal de Braga (Portugal), un centro de formación para adultos de Francia e unha empresa de novas tecnoloxías de Grecia.
Durante os días 12 e 13 de marzo, a edil lucense manterá varias xunta
O Servizo Municipal de Prevención de Drogodepencias, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, ofrecerá mañá en Lugo a proxección dun novo filme dentro do programa Cinensino.
Trátase do filme italiano Salvatore. Así es la vida dirixido por Gian Paolo Cugno e estreado en España no ano 2007.
Este venres, 14 de marzo, remata o prazo para inscribirse nos cursos de Linguaxe de Signos e de Monitor de Tempo Libre organizados pola Concellería de Xuventude. Estas actividades están orientadas a ofrecer unha formación práctica e útil para incorporarse ao mercado laboral. Por este motivo, dende o Servizo de Xuventude do Concello propóñense os seguintes cursos, todos eles gratuítos:
1. Cursos de Linguaxe de Signos
Están divididos en dous niveis, un de iniciación e outro de nivel intermedio, cunha duración de 140 horas cada un deles.
Por mor do atentado da banda terrorista ETA que acabou coa vida do ex concelleiro socialista Isaías Carrasco, suspéndese o desfile polo centro da cidade dos coches de bombeiros na honra de San Xoán de Deus, patrón do Corpo.
As traballadoras da Casa da Muller recibiron unha homenaxe sopresa en recoñecemento ao traballo que desenvolven
Unha placa instalada na Casa Consistorial lembra os cen anos de loita pola igualdade
O programa de actos conmemorativos do centenario do Día Internacional das Mulleres continúa este sábado, día 8, co festival eMFeminino
Os Premios EntreMulleres 2008 foron entregados polo Alcalde, José López Orozco, e pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre nun acto que tivo lugar este venres, 7 de marzo, ás 12:00 horas no Salón de Plen
Dentro das distintas iniciativas que a Concellería de Muller e Benestar Social está levando a cabo para conmemorar o centenario da declaración do Día Internacional das Mulleres, a última novidade é a creación do blog “Mulleres: 100 Día Internacional das Mulleres” que se poderá visitar a partir deste sábado, 8 de marzo, en www.lugo.es.
Este blog trata de ofrecer un espacio de libre opinión e de encontro no que tratar temas de interese para as mulleres.
Ademais dun foro, ofrece un apartado na que as internautas poderán escribir as súas historias e un espacio de denuncia para difund
O Concello de Lugo convoca unha concentración silenciosa de 5 minutos diante a Casa do Concello como mostra de repulsa e condena ao vil asesinato de Isaías Carrasco, ex concelleiro socialista do Concello de Mondragón. A Corporación Municipal lucense tamén quere expresar o seu máis profundo pesar á familia do falecido.
Terá lugar o luns, 10 de marzo, ás 12:00 horas diante da Casa Consistorial.
O Concello de Lugo persegue que todo o mundo teña unha calidade de vida digna, acceso o emprego e se beneficie dos recursos, os dereitos, os bens e os servicios.
Terá lugar entre os días 10 e 14 de marzo, en horario de 10:00 a 13:30 pola mañá e de 17:00 a 20:00 horas
O Concello de Lugo pon en marcha a segunda edición de Conéctate en Lugo 2.0 a campaña de familiarización coas novas tecnoloxías organizada pola Concellería de Servizos Xerais. Os interesados poderán participar nunha serie de actividades itinerantes que percorrerán oito centros municipais da cidade co fin de aproximar a todos os barrios da cidade o funcionamento dun ordenador e internet.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1730
- 1731
- 1732
- 1733
- 1734
- 1735
- 1736
- 1737
- 1738
- …
- seguinte ›
- última »