O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, mantiveron unha nova xuntanza con representantes dos veciños do barrio da Ponte ante a conflictividade xerada coa adxudicación masiva de vivenda sociais por parte da Consellería de Vivenda. López Orozco quixo deixar claro que “non se trata de lavar as mans, como fixo Pilatos no seu día, cando hai un problema na cidade o Alcalde tamén o ten, e ten que colaborar para que se solucione, ese é o meu compromiso”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa Consistorial aos participantes no Curso Internacional sobre Sistemas Agroforestais financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional no marco do Programa Azahara que se ven celebrando dende onte, luns 19 de maio, na Escola Politécnica Superior.
López Orozco, deu a benvida aos participantes, 25 deles técnicos de países do norte de África e de Asia Menor como Mauritania, Marrocos, Arxelia, Túnez, Palestina e Líbano.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, inauguraron esta mañá as activiades organizadas polo Concello de Lugo con motivo do Día da Internet.
O Alcalde animou aos cativos presentes na carpa a “achegarse ás novas tecnoloxías pero sen deixar de ter un libro na mesiña de noite”.
A gran variedade da programación do Festival de Música Cidade de Lugo achega todo tipo de xéneros e épocas musicais. Neste concerto tócalle a vez ao período Clásico que estará representado por dúas das súas figuras máis senlleiras, os compositores Joseph Haydn e Wolfgang Amadeus Mozart.
Plamen Velev é un cellista de orixe bulgara (compostelá dende hai moitos anos) que fundou e dirixe a Camerata Quiodi. Formada por músicos da Real Filharmonía de Galicia, a Camerata Quiodi nos aproximará ao repertorio do Clasicismo a través de senllos concertos.
O Concello de Lugo celebrou o Día das Letras Galegas cun completo programa que arrincou ás 11.45 horas cun concerto da Banda Municipal de Música no Templete da Praza Maior dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez, coa intervención de dous solistas de gaita galega.
Co Alcalde de Lugo á cabeza a corporación municipal participou no o paseo literario que se iniciou na praza de Anxo Fernández Gómez, ás 12 do mediodía, para lembrar ao homenaxeado Álvarez Blázquez.
Esta semana impartirase na Escola Politécnica de Lugo o terceiro módulo do II Seminario Internacional sobre ‘Sistemas Agroforestais como técnicas de manexo sostible do territorio’, financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional no marco do programa Azahar e dirixido a técnicos do Magreb.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañados polo xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Rubén López, o Xerente da Fundación Azkar, Óscar Hermida, e Jesús Vázquez, de NCD Eventos presentaron a campaña Vive o Verán en Lugo.
O obxectivo desta campaña é ofrecer un bo número de actividades dinámicas e educativas para aproveitar ao máximo o tempo de lecer na cidade de Lugo entre os rapaces de 4 a 16 anos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron a unidade de actuación N-11.
A unidade conta con algo máis de 11.000 metros cadrados e, como explicou o Alcalde, vaille a proporcionar á cidade unha superficie de 3.651 metros cadrados de viales e 2.840 de zona verde.
O proxecto inclúe a urbanización dos viais comprendidos na N-11 con todos os seus servizos: rede de saneameto separativo, rede de abastacemento, rede de alumbrado público, as luminarias están formadas por báculos ou columbas de 10 ou 12 metros de altura n
Despois do seu paso por Vilagarcía de Arousa, primeira das cidades en acoller esta Xira 2008, que comezou o pasado 24 de abril; chega agora a Lugo a II Xira Galega de Karting Indoor. A Xira abriu hoxe as súas portas ata o vindeiro luns 19 de maio.
A pista dos karts ocupa unha superficie de 3600 metros cadrados, habendo pases para adultos e para nenos, ideal para unha xornada familiar.
O prezo da entrada, inferior ao prezo real desta actividade nos centros especializados, será de 10 euros o pase, para que todos os interesados podan participar.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1706
- 1707
- 1708
- 1709
- 1710
- 1711
- 1712
- 1713
- 1714
- …
- seguinte ›
- última »