Mañá venres, 23 de maio, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.
Nesta ocasión proxectarase La casa de mi vida. É a historiade George Monroe, un home atrapado nun ritmo frenético e insoportable. A máxima aspiración de George sempre foi construir a sua propia casa, refuxio situado nun acantilado ao borde do mar, pero é un soño que George foi aplazando unha e outra vez.
El Director General del Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Enrique Rey Rodríguez, se incorporará a sus funciones el próximo lunes, día 26, tras haber sido nombrado por el Patronato de la Fundación del Centro. Las funciones que asumirá serán las ordinarias de administración y gestión de la Fundación, así como la elaboración inmediata de un Plan trianual (2008-1011) de actuaciones del CETAL.
Enrique Rey nació en Arnoia y tiene 38 años. Es ingeniero agrónomo por la Escuela Politécnica Superior del campus de Lugo, de la Universidad de Santiago de Compostela.
O novo portal incorpora novos trámites que facilitan as xestións coa Administración local
O Concello de Lugo presentou hoxe a súa nova Imaxe Corporativa municipal e o seu novo portal web que mantén o dominio lugo.es, pero que cambia totalmente de aspecto.
Os traballadores do Concello de Lugo celebran este martes a festividade da patrona dos funcionarios da administración local, Santa Rita. Por este motivo, as oficinas e instalacións municipais permanecerán pechadas mañá, día 22 de maio.
O Alcalde, José López Orozco, participará xunto a outros membros da Corporación Municipal no tradicional xantar de confraternización entre os traballadores municipais, que terá lugar a partir das 14:45 horas no restaurante Jorge I.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo celebrada o pasado 16 de abril, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación de bases e convocatoria do proceso selectivo para a confección dunhas listas para contratación de persoal laboral temporal (contratado laboral interino ou contratado laboral temporal) para prestar servizos no Concello de Lugo na categoría de operario para o Cemiterio Municipal e de operario para a Brigada Municipal do Taller de Augas.
As bases fixéronse públicas a través dun anuncio de no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e dende ese momento están colgadas ta
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, o Xefe Provincial de Tráfico, Julio González e o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, presentaron o programa do XLIV Concurso Nacional de Educación Vial e o XXX Concurso Nacional de Seguridad Vial en Ciclomotor.
Nesta proba participarán un total de 89 equipos de toda España, que representan a 13 Comunidades Autónomas e 70 cidades españolas.
Acordaron tamén impulsar medidas para reducir o vandalismo nos centros históricos e buscar liñas de financiamento para a recuperación do patrimonio
O Alcalde de Lugo, presidiu a primeira xuntanza da nova Comisión de Patrimonio Histórico-Cultural da Federación Española de Municipios e Provincias que tivo lugar na súa sede situada en Madrid.
A orde do día desta xuntanza incluía o debate e aprobación das propostas do Programa Anual de Actividade da Comisión para este ano 2008, que quedou finalmente aprobado hoxe.
O plan inclúe:
• Incentivar
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe o programa de axudas municipais para o alugamento de vivendas no Concello de Lugo que sairá publicado no BOP mañá mércores 21 de maio. Dende este momento haberá un prazo de 20 días para presentar a solicitude no rexistro do Concello ou nas oficinas de EVISLUSA sitas na rúa Quiroga Ballesteros. A Concelleira explicou que “a finalidade deste programa e facilitar o acceso á vivenda ás persoas que se atopen nunha situación socioeconómica que lle dificulte ou imposibilite acceder ao alugamento dunha vivenda digna”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, mantiveron unha nova xuntanza con representantes dos veciños do barrio da Ponte ante a conflictividade xerada coa adxudicación masiva de vivenda sociais por parte da Consellería de Vivenda. López Orozco quixo deixar claro que “non se trata de lavar as mans, como fixo Pilatos no seu día, cando hai un problema na cidade o Alcalde tamén o ten, e ten que colaborar para que se solucione, ese é o meu compromiso”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1705
- 1706
- 1707
- 1708
- 1709
- 1710
- 1711
- 1712
- 1713
- …
- seguinte ›
- última »