Mañá, venres 6 de xuño, remata o prazo de inscrición para participar no torneo de xadrez que se celebrará o vindeiro domingo, 8 de xuño, de 16:30 a 19:00 horas, na Praza Maior e que está organizado pola Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro.
Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario aos monitores e monitoras do seu colexio, chamando ao teléfono da Escola de Xadrez 657 974 937 ou escribindo un email a castruper@yahoo.es.
O torneo será totalmente gratuito e os emparellament
O Concello de Lugo e a Delegación de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia comprometeron os seus esforzos e a súa participación no Primeiro Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de persoas que se está a realizar na Facultade de Ciencias Sociais de Bos Aires entre os días 4, 5 e 6 de xuño.
A artista Luz Darriba desenvolverá unha acción o día 7 de xuño na cidade arxentina, denominada “Cuestión de xénero”, sobre a loita contra a trata e o tráfico de mulleres e nenas no mundo.
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, presentaron a XI edición dos cursos de verán de Educación Vial, que se desenvolverán nas instalacións do PIT entre o 30 de xuño e o 29 de xullo.
Novamente, estes cursos están dirixidos á poboación moza de Lugo, entre os 8 e os 13 anos, para car e bicicleta, e entre os 14 e os 16 para ciclomotor. Formaranse para as clases grupos de non máis de 20 rapaces que recibirán formación teórica e práctica durante dúas horas e media.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, mantivo unha nova xuntanza cos integrantes da Mesa Local de Comercio do Concello de Lugo, constituída o pasado 18 de xaneiro co obxectivo de coñecer as necesidades dos hostaleiros e comerciantes lucenses.
É un órgano de colaboración e deliberación no que participan distintas entidades relacionadas co comercio e a hostalería lucense para atopar solucións aos problemas que se poidan plantexar de cara ao comercio.
A esta terceira xuntanza asistiron os Concelleiros de Cultura, Concepción Burgo, Medio Ambiente, Lino González
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, mantivo unha nova xuntanza cos integrantes da Mesa Local de Comercio do Concello de Lugo, constituída o pasado 18 de xaneiro co obxectivo de coñecer as necesidades dos hostaleiros e comerciantes lucenses.
É un órgano de colaboración e deliberación no que participan distintas entidades relacionadas co comercio e a hostalería lucense para atopar solucións aos problemas que se poidan plantexar de cara ao comercio.
A esta terceira xuntanza asistiron os Concelleiros de Cultura, Concepción Burgo, Medio Ambiente, Lino González
O Concello de Lugo, dende a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Lino González Dopeso, repartiu hoxe máis de 500 plantas con flores con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
Foron moitos os lucenses que se achegaron ata a Praza Maior esta mañá para conseguir a súa planta.
Con esta iniciativa, que leva promovendo o Concello de Lugo dende fai tres anos, preténdese concienciar á cidadanía da necesidade de coidar o noso entorno.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Asociación do Centro Comercial Abierto de Lugo-Lugo Centrum, José Sánchez Bergantiños, asinaron hoxe un convenio de colaboración para realizar actividades de animación, promoción, desenvolvemento, dinamización e consolidación do Centro Comercial Aberto de Lugo.
O Alcalde explicou que o Concello aporta 15.000 euros para colaborar na dinamización do pequeno comercio “nun mundo tan globalizado onde o mercado é libre, só se pode competir con calidade e nós queremos contribuir a esa calidade”.
López Orozco destacou o esforzo
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou na entrega dos premios do concurso organizado por Carrefour e o Concello de Lugo con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
O pasado sábado, rapaces e rapazas das asociacións Aspace e Síndrome de Down celebraron unha xornada de convivencia e integración baixo o título Capacitados para coidar o medio ambiente.
O Alcalde de Lugo, José López Orozoco, recibiu na Casa do Concello aos participantes no XXXVI Curso de Saúde Ambiental. Congreso Provincial de Medio Ambiente, que se está a celebrar na cidade dende o pasado luns 2 de xuño.
Este curso ten como obxecto abordar e debater algúns dos problemas ambientais prioritarios que ten a provincia de Lugo, e está dirixido a todos os que traballan ou están interesados no medio ambiente e na saúde.
A terceira xornada do XXXVI Curso de Saúde Ambiental. Congreso Provincial de Medio Ambiente, co que colabora o Concello de Lugo, xuntou aos expertos entorno ao análise da xestión de residuos. Ao longo de toda a mañá debatiuse sobre a reciclaxe, reutilización e valoración dos residuos urbanos, industriais, orgánicos biodegradables , así como de medicamentos, da construcción e do vidrio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1695
- 1696
- 1697
- 1698
- 1699
- 1700
- 1701
- 1702
- 1703
- …
- seguinte ›
- última »