O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participaron na entrega de diplomas aos participantes do proxecto LUGO CIDADE PRÓXIMA, correspondentes ás derradeiras accións formativas que se impartiron no primeiro trimeste do 2008:
- OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL.- 100 horas
- MONITOR DE APOIO ESCOLAR.- 350 horas
- TRABALLADOR FORESTAL.- 340 horas
- XARDINEIRO.- 530 horas
Con estes cursos rematan todas as accións formativas do proxecto LUGO CIDADE PRÓXIMA, que termina neste mes de
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, asistiu á presentación do libro que resume as intervencións dos diferentes relatores que participaron nas XXI Xornadas Penitenciarias Lucenses dedicadas ás medidas alternativas á prisión no momento actual.
O libro recolle cada unha das ponencias que explicaron os seus autores o pasado mes de outubro na Fundación Caixa Galicia, todas elas relacionadas co eido penitenciario e coas novidades que recolle a lexislación vixente.
As penas de traballo en beneficio da comunidade ou a intervención psicolóxica no ámbito peniten
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, visitou esta mañá a exposición dos traballos realizados polos participantes nos obradoiros de Animación Sociocultural do Centro Social de A Milagrosa organizados pola súa Concellería.
Entorno a 150 pezas, entre cestos, pinturas, labores… forman unha pequena representación das 40 iniciativas que dende o mes de outubro se realizaron neste centro social organizados pola Concellería de Benestar Social.
Son 33 obradoiros só neste centro social, que inclúen óleo, cestería, reciclaxe, modelaxe coas mans, palillos… Neste cen
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello aos participantes nunha xornada de convivencia que se está a celebrar e na que participan preto de 30 traballadores de colexios de procuradores de toda España: Valencia, Santiago, Madrid,
Murcia, Sevilla, Oviedo, Badajoz, barcelona, Valladolid, Alicante e Lugo.
O Alcalde deulles a benvida á cidade, explicoulles os atractivos culturais, gastronómicos e faloulles da hospitalidade que caracteriza a todas e todos os luceneses.
López Orozco entregoulles, como recordo da súa visita á Lugo, un pin da Mosqueira.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello aos membros do Consello Directivo Nacional de Auxilia que se reuniu por primeira vez na cidade.
Nesta xuntanza estiveron presentes uns 30 membros de Auxilia de Lugo, Madrid, Barcelona, Sevilla e Monforte de Lemos, encabezados polo presidente nacional, Miguel Soriano, e o coordinador Local de Lugo, Manuel Ignacio Piñeiro.
O Alcalde deu a benvida a todos os membros de Auxilia á cidade. Convidoulles a disfrutar dos actractivos de Lugo, “unha cidade que cada día é máis accesible para todas e todos.
Centos de prendas femininas colgadas dun cordón que rodeaba a praza de Maio en Bos Aires como parte da instalación "Cuestión de xénero", que creou a artista arxentina Luz Darriba, residente en Lugo, no marco do Primeiro Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de Persoas, que finalizou este o pasado venres na capital arxentina.
Para Darriba é unha forma de facer visible trátaa de mulleres, secuestradas para a súa explotación sexual.
A Concellería de Emprego xestionou neste primeiro ano de mandato case 4 millóns de euros procedentes de Europa
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentaron hoxe a concesión de catro novos proxectos financiados con fondos europeos a través da Consellería de Traballo, e que supoñen un investimento de 1.102.507 euros para a administración local.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, visitaron a exposición dos traballos realizados polos participantes nos obradorios de Animación Sociocultural que organiza cada ano a área de Benestar Social do Concello.
Máis de 300 pezas, entre pinturas, cestos e manualidades varias, que representan menos do 50% do total de traballos realizados polos 600 participantes destas iniciativas que dende o mes de o
A Banda Municipal de Música que depende da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, dedicará o concerto do día 12 de xuño ao poeta galego Manuel Curros Enríquez en homenaxe ao centenario da súa morte.
O concerto que terá unha duración dunha hora, dará comezo ás 20:00 horas e terá lugar no templete da Praza Maior.
Un ano máis Lugo convértese de novo en Lucus Augusti para ofrecer a todos os que se acheguen á cidade amurallada a oportunidade de ver o esplendor da urbe no momento do seu nacemento.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1693
- 1694
- 1695
- 1696
- 1697
- 1698
- 1699
- 1700
- 1701
- …
- seguinte ›
- última »