O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luísa Zarzuela, presentaron o autobús interactivo Lugo xa conecta que dende o 16 de xuño e ata o 31 de outubro percorrerá todo o concello de Lugo para achegar as novas tecnoloxías a toda a cidadanía.
Ao longo de mes e medio un autobús interactivo equipado cos últimos medios tecnolóxicos, 11 equipos informáticos e conexión a internet, visitará de luns a sábado o municipio -barrios e parroquias- para contribuír á formación da cidadanía en todo o relacionado coa Administración electrónica.
Esta iniciativa
O Concello de Lugo celebrará o domingo día 13 de xullo a oitava edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, así o anunciou hoxe a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, que sinalou a consolidación que está a ter esta convocatoria, que o ano pasado tivo xa 60 participantes adultos e 5 na categoría xuvenil.
A Concelleira explicou que nesta ocasión o certame presenta novidades con respecto aos anos anteriores. En primeiro lugar delimítase o espazo que poden ocupar os pintores ao recinto amurallado e ao adarve da Muralla.
Garante unha maior axilidade e abaratamento dos trámites para os administrados
O 67% do Orzamento municipal está xa en proceso de execución o que reflicte que os servizos están a pleno rendemento
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou hoxe que o departamento que dirixe acordou na Comisión de Contas a posta en marcha dun Tribunal Económico Administrativo que terá como obxectivo a resolución das reclamacións económicas dos administrados.
Continúa aberto o prazo para asistir aos campamentos de verán organizados pola Concellería de Xuventude, a Concellería de Deportes en colaboración coa Fundación Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, a Fundación Azkar, Óscar Hermida, e NCD Eventos.
O obxectivo da campaña Vive o Verán en Lugo campaña é ofrecer un completo programa de actividades dinámicas e educativas para aproveitar ao máximo o tempo de lecer na cidade de Lugo entre os rapaces de 4 a 16 anos.
O Circuíto de Carreiras Populares Corre Con Nós, organizado pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío, remata esta fin de semana coa derradeira carreira de adultos.
A proba dará comezo ás 12:00 horas do recinto polideportivo de Frigsa, fronte á Piscina Municipal, para completar unha distancia de 6 quilómetros que discorrerá polas inmediacións do parque de A Milagrosa e a Avda.
A Concellería de Medio Ambiente, dependente de Lino González Dopeso, mantén aberta a inscrición para as excursións á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) que comezan o vindeiro luns 16 de xuño ás 18:30 horas ata o sábado 21.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, entregaron hoxe os diplomas acreditativos aos asistentes aos cursos de vixiante e seguridade organizados pola súa Concellería a través do Servizo Municipal de Drogodependencias.
Foron dous accións formativas que se desenvolveron dende o 1 de febreiro ao 7 de xuño: O primeiro deles corresponde á segunda edición do Curso de Vixilante de Seguridade, que impartiron profesionais do Grupo Cetssa e que contou con 40 participantes, o total das prazas ofertadas.
O vindeiro luns, 16 de xuño, entregarase na Casa do Concello o XXVI Premio Blanco Amor de Novela Longa.
O Alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deron a coñecer o proxecto da Iniciativa Urbana de Lugo, coñecido como Plan Urban, que hoxe foi concedido polo Ministerio de Economía e Facenda.
Supón un investimento para a cidade de 16 millóns de euros, procedentes de fondos FEDER, -8 millóns de euros- da Consellería de Economía da Xunta de Galicia -1 millón de euros- da Deputación provincial -3 millóns de euros- e do Concello de Lugo -3.942.000 euros.
Esta boa nova, é unha mostra do intenso traballo que se leva a cabo dende o depart
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou este mércores na inauguración do edificio do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo ( CACTUS), que se puxo hoxe en marcha.
No acto tamén estiveron o Reitor da USC, Senén Barro, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o Director Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde-Pumpido.
López Orozco destacou a importancia de que as institucións traballen unidas “non hai que multiplicar ente
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1691
- 1692
- 1693
- 1694
- 1695
- 1696
- 1697
- 1698
- 1699
- …
- seguinte ›
- última »