O Convenio Lugo Cultural, que integra á Vicerreitoría de Cultura da USC, Concello de Lugo, Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Fundación Caixa Galicia, celebrará este verán unha nova edición do programa 'Entre Lusco e Fusco', co que se pretende recuperar como espazo escénico para a música zoas naturais.
Na presentación do evento estiveron presentes o vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres; a Concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo, e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou oficialmente o I Encontro Transnacional de Empresa da Eurorrexión que se celebrou esta mañá no Salón de Actos do Cei-Nodus.
Na súa intervención a Concelleira explicou que "por medio do Proxecto Parque queremos levar a cabo unha modernización dos poligonos empresariais socios do proxecto dos que o Concello de Lugo e o xefe de fila".
O Concello de Lugo, abre mañá venres, 4 de xullo, o prazo para presentar as solicitudes para a concesión de bolsas escolares de axuda para educación infantil para o curso 2008-2009 e rematará o vindeiro 4 de agosto.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Coordinador da Federación de Libreiros de Galicia, Antonio Fernández Maira, presentaron hoxe a XVII Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Lugo que estará instalada no fondo da Praza Maior do 5 ao 20 de xullo.
Nesta feira, recuperada pola Concellería que dirixe Concepción Burgo, participarán libreiros de distintas provincias españolas. O número de exemplares que se porán á venda, será de máis de 40.000 , entre libros antigos, vellos, de saldo e de ocasión.
Mañá venres, 4 de xullo, continúa o ciclo de cine xuvenil "Muller e interculturalidade" organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.
Os lucenses poderán disfrutar co filme Lágrimas Rojas. A película encádrase na España dos anos sesenta na que dous millóns de españois saen do país empuxados pola necesidade. O seu destino será Alemaña, Francia, Suíza e Os Países Baixos. A metade son clandestinos e viaxan sen contratos de traballo. O oitenta por cen deles son analfabetos.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou o balance da implantación das novas medidas para o pago de impostos municipais que teñen como obxectivo permitir máis facilidades e comodidades no pago, así como unha total transparencia na xestión.
Continúa aberto o prazo para presentar os traballos que opten a ser o cartel anunciador das Festas do San Froilán e das actividades do San Froilanciño de 2008. O prazo para presentar os traballos en ambos concursos pecharase ás 14:30 horas do 9 de xullo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, o Xefe Provincial de Tráfico, Julio González, e os vocrecibiron na Casa do Concello aos membros do equipo lucense participante no XLIV Concurso Nacional de Educación Vial e no XXX Concurso Nacional de Seguridad Vial en Ciclomotor que se celebrou o pasado mes de maio na cidade.
Esta proba reuniu en Lugo a un total de 89 equipos de toda España, que representaron a 13 Comunidades Autónomas e 70 cidades españolas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1684
- 1685
- 1686
- 1687
- 1688
- 1689
- 1690
- 1691
- 1692
- …
- seguinte ›
- última »