A Concelleira de Muller e Benestar Social, recibiu hoxe na Casa do Concello a asociación de emigrantes galegos en Cataluña: O Penedo -Fogar Galego.
A Concelleira deulles a benvida á cidade e ao Concello que visitaban por quinta vez. Basadre afirmou que Lugo ten un cariño especial a todos os galegos residentes en Cataluña, pero sobretodo, en Barcelona onde celebran tamén o San Froilán.
O vindeiro martes día 12 de agosto ás 11:30 horas, terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello a tradicional puxa das casetas e dos caldeiros do polbo das Festas do San Froilán.
A concesión , segundo decidiu a Comisión de Festas, será por 3 anos, atendendo ás demandas dos polbeiros e caseteiros.
O prezo de saída das puxas aumentará este ano a subida do IPC, nun 4´9 %.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Economía e Emprego, que dirixe
Sonia Méndez, está a preparar o proceso de redacción dos orzamentos municipais
do vindeiro ano 2009. Neste proceso quere dar cabida ás opinións e aportacións
por parte da cidadanía lucense.
Trátase de acadar uns orzamentos participativos que permitan á cidadanía
decidir en que investir parte dos cartos municipais. Por iso, o pasado venres,
día 1 de agosto, enviouse unha carta ás asociacións de veciños para que realicen
as súas aportacións que se recibirán na Área de Participación Cidadá.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo celebrada o pasado 16 de xullo, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación de bases e convocatoria do proceso selectivo para o acceso en propiedade a catro prazas de traballador ou traballadora social (unha delas reservada para persoas con discapacidade) no Concello de Lugo.
A Alcaldesa Accidental, Sonia Méndez, e o Director Xeral do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Enrique Rey, anunciaron que a Fundación CETAL convoca un concurso público co fin de seleccionar a mellor proposta que sirva de base para a contratación e a redacción do correspondiente Proxecto Técnico e a Dirección de Obra para a construcción do complexo que albergará as instalacións do Centro.
O ciclo Noites de Cine englobado no programa de …no verán ¡Lugo xa conecta! organizado pola Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela continúa mañá xoves 7 de agosto coa proxeción de O alquimista impaciente.
Un cadáver desnudo, sin rastros de violencia, aparece atado a unha cama nun motel de carretera. Trátase ou non dun crime? O sarxento Bevilacqua, atípico investigador criminal da Guardia Civil, e o seu axudante, Chamorro, reciben a orde de resolver o enigma. A investigación que sigue non é unha mera pesquisa policial.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou que a Xunta de Goberno Local celebrada hoxe aprobou apoiar á candidatura do Descenso do Río Sella para a décimo novena edición do “Premio de Pobo Exemplar de Asturias” organizado pola Fundación Príncipe de Asturias.
A Concelleira explicou que “o apoio débese a que a Asociacións Culturais de Amigos de Parres (Arriondas) e Amigos de Ribadesella souberon aunar, nestos máis de 75 anos de existencia o deporte coa asturianía, e souberon sumar as vontades dos concellos ribereños do Sella para conseguir un feito común:
Mañá xoves, 7 de agosto, continúa o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.
Nesta proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar coa película Volver.
O doblemente oscarizado Pedro Almodovar mostra neste filme un compendio de emocións dosificadas con maestría. Do exceso pásase á contención, do melodrama á comedia máis hilarante, do surrealismo ao retrato sociolóxico.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza unha excursión a Ferrol e á praia de San Jorge, encadrada na programación de actividades de verán.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1675
- 1676
- 1677
- 1678
- 1679
- 1680
- 1681
- 1682
- 1683
- …
- seguinte ›
- última »