O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, presentou hoxe o pliego de características técnicas do concurso para a contratación do proxecto do futuro edificio dotacional destinado á Policía Local e a Protección Civil que contará cun orzamento que ronda os 3.500.000 euros.
O edil explicou que o edifico estará situado no barrio de San Fiz, no Sector Sur-K, unha zona en crecemento que dende o Concello se está a revitalizar coa futura construcción do edificio do Centro Tecnolóxico e Agroalimentario (CETAL) e un centro cívico.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, anunciou que a partir do 1 de setembro pola noite procederase á retirada dos colectores de residuos das rúas do interior do recinto amurallado en horario diurno.
González Dopeso, acompañado polo Xerente de Urbaser, Juan Ángel Moreno, explicou o funcionamento deste servizo coñecido como Quita e pon.
A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, convoca unha xuntanza informativa para nais e pais, que terá lugar nas instalacións da Escola Infantil Municipal Serra de Outes o vindeiro luns 1 de setembro ás 17:30 horas.
A xuntanza celebrarase por motivo do inicio do curso escolar 2008-2009. Os técnicos informarán a todos os pais e nais dos nenos matriculados sobre as actividades, horarios e funcionamento da escola infantil e tratarán todos aqueles temas que poidan causar dúbidas aos proxenitores.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao presidente do Club Ciclista de A Milagrosa, Luis López, e o vicepresidente, José Manuel do Barrio, o XLV Gran Premio Ciclista de A Milagrosa que se celebrará o vindeiro sábado 30 de agosto.
A carreira, que terá lugar no circuíto da Avenida Duquesa de Lugo entre as 16:00 e as 22:00 horas, contará coa participación duns 200 ciclistas das categorías Escola (principiantes-alevíns-infantís), Cadetes e Juniors.
Pediu que non se manipule a información económica "atendendo a intereses partidistas"
O Concello de Lugo conta cunha economía saneada que lle permite garantir que non reducirá o gasto social
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, destacou a evolución “moi satisfactoria” da execución do orzamento municipal nos oito primeiros meses do ano.
A revista Foeminas chega cun novo número onde pon especial atención en distintas experiencias e perspectivas para abordar os problemas de xénero.
Nesta ocasión preséntase a primeira parte dunha reportaxe realizada ao un colectivo MAGÉNTA, un grupo integrado maioritariamente por homes, que loitan pola igualdade de xénero en Perú.
Na sección Portada ofrécese un informe sobre a publicidade sexista, "De muller floreiro a cidadá. Unha aproximación ao problema da publicidade sexista".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1673
- 1674
- 1675
- 1676
- 1677
- 1678
- 1679
- 1680
- 1681
- …
- seguinte ›
- última »