Anuncia a apertura dun proceso de diálogo co Consorcio de Servizos Sociais para que ese non sexa o motivo de non aprobación dos orzamentos
O Alcalde reitera que Montirón non quedará sen Centro Cívico
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentaron o proxecto de orzamentos para o ano 2009 aos membros do Consello Económico e Social do Concello de Lugo.
López Orozco lembrou que os grupos da oposición tiveron tempo de estudar o borrador de orzamentos presentado hai 15 días “e seguen
O conselleiro de Traballo e o alcalde de Lugo asinaron hoxe as bases para a posta en marcha da escola obradoiro ‘A memoria da cidade’
Traballo destina 655.000 euros a esta iniciativa, que vai permitir que 33 desempregados reciban formación especializada en deseño gráfico, restauración de libros e encadernación artesanal
A Consellería de Traballo está a destinar ao longo deste ano preto de 20 millóns de euros para a posta en marcha de diferentes programas de formación e promoción do emprego no Concello de Lugo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou hoxe, xunto ao Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e o Presidente da ONCE, Miguel Carballeda Piñeira, na entrega dos IV Premios á solidariedade organizados por ONCE Galicia.
A Delegada de Urbanismo, María Novo, informou aos grupos políticos con representación municipal na Comisión de Planeamento celebrada esta mañá sobre os catro informes sectoriais que había pendentes sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O Concello de Lugo destinará a cantidade de 12.500 € para axuda na adquisición de libros de texto dos fillos do persoal municipal no presente ano.
A axuda vai dirixida ao persoal con praza en propiedade e con fillos ao seu cargo, que realicen no ano académico 2008-2009 educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanza universitaria e non se acolleran ao programa de gratuidade de libros de texto ou ao cheque da Xunta de Galicia, ou a axuda de calquera outra Administración.
Unha vintena de magos encherán de trucos e misterios a cidade ente o luns día 3 de novembro e o sábado día 8. As actuacións formarán parte da sexta edición da Semana Internacional da Maxia. Lugo Máxico 2008 organizada pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo en colaboración co colectivo Waldemar e a productora Abracadabra Produccións.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o vicepresidente do colectivo máxigo Waldemar, José Antonio Díaz, e o Mago Rafa e o Mago Teto, presentaron o programa desta reunión internacional de magos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, José Francisco Real, entregaron os premios aos establecementos ganadores do IV Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo.
López Orozco destacou a importancia de dar a coñecer a “extraordinaria hostalería lucense, cada día é máis certo que, para comer, Lugo”. Animou a todos os hostaleiros e hostaleiras a seguir adiante “neste camiño, o voso traballo é exemplo de mellora constante.
Como novidade as axudas poderán ter unha duración de tres anos sempre que se cumpran os requisitos
O Concello de Lugo, elexiu xa aos destinatarios do programa de axudas municipais para o alugamento de vivendas na cidade.
O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, presentou hoxe a segunda fase das obras de mellora do abastecemento e saneamento de Lugo que actualmente se atopan en fase de proxecto e que, previsiblemente, poderían comezar nuns nove meses.
O Concelleiro destacou que os obxectivos que se pretenden cumprir con esta nova fase que se pon en marcha son:
-continuar a mellora da calidade do abastecemento de auga potable a Lugo.
A Concellerira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou na presentación dos XII Xogos Autonómicos de Baloncesto, Special Olympics Galicia que se celebrarán esta fin de semana en Lugo.
Na presentación deste evento deportivo no que participarán ao redor de 400 deportistas con discapacidade intelectual estiveron tamén presentes o Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao; a Presidenta de ASPNAIS, Concepción Teijeiro; a delegada de vicepresidencia en Lugo, Branca Rodríguez; o director deportivo da
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1657
- 1658
- 1659
- 1660
- 1661
- 1662
- 1663
- 1664
- 1665
- …
- seguinte ›
- última »