A Xunta de Compras do Concello de Lugo aprobou o gasto de 15.539 euros para a realización das asesorías xuvenís que dependen da Concellería de Xuventude que dirixe Rosana Rielo.
O obxectivo do Goberno Local e axudar aos mozos e mozas lucenses coas dúbidas que lles poden xurdir con temas de emprego, a vivenda, aos estudos postobrigatorios, etc. En definitiva, coa súa incorporación ao mundo adulto xera na mocidade unha serie de inquedanzas ás que non sempre atopan solución.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, entregaron esta mañá os diplomas acreditativos do seu traballo aos 27 participantes do proxecto PILES que estiveron a traballar para a recuperación do parque de Paxariños.
Dende febreiro do 2007 participaron nos diferentes módulos do proxecto un total de 30 persoas: un carpinteiro, oito albañiles, 6 canteiros e 9 xardineiros.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou esta mañá a adxudicación á
empresa Desguaces Ceao a venta para chatarra dun total de 210 vehículos que se atopan no depósito municipal por total de 5.220 euros.
O Voceiro do Goberno Local, José Rábade, explicou que se trata de vehículos retirados das rúas da cidade unha vez que os servizos municipais comprobaron o seu estado de abandono cumpríndose os prazos establecidos pola lei (para que se poida denunciar esta situación debe transcorrer un mínimo de un mes) e habéndose notificado aos seus propietarios.
O Convenio Lugo Cultural continuará o xoves 22 de xaneiro cun novo ciclo de concertos da serie Lubicán, cos que se pretende achegar ao público lucense a música feita por grupos galegos de diferentes estilos e con diferentes formacións.
Dende agora, o ciclo desenvolverase todos os cuartos xoves de mes entre xaneiro e maio e entre outubro e decembro.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou esta mañá unha nova edición da campaña de almorzos saudables englobada dentro do programa Non só comas, aliméntate que o Concello de Lugo ven desenvolvendo dende o ano 2004.
Zarzuela explicou que “agardo que como en anos anteriores, a sexta edición desta actividade sexa un éxito”.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza para a vindeira semana as VI Xornadas de achegamento ao tear tradicional e artesanía da lá. Esta actividade, que terá lugar entre as 9:30 e as 13:00 horas do 19 ao 23 de xaneiro no Centro Social Municipal de Fingoi, está dirixida a nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria.
O obxectivo é contribuir ao fomento do valor da cultura galega favorecendo ao coñecemento das tradicións e contribuir a preservalas entre os máis novos.
Dende o 12 ao 19 de xaneiro nas Oficinas da Administración Municipal, sitas na Ronda da Muralla 197, estará exposto ao público o censo electoral do Concello de Lugo. O obxectivo é que todos os veciños e veciñas da cidade poidan comprobrar a corrección dos seus datos nas listas de votación e, en caso de erro, poder facer as reclamacións oportunas.
A consulta das listaxes é un trámite necesario e convinte para toda a cidadanía como garantía do seu exercicio de dereito ao voto nas vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o día 1 de marzo.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Delegado da Federación Galega de Judo en Lugo, José Luís Díaz, e o judoca lucense Iago Díaz presentaron esta mañá o 7º Trofeo Cidade de Lugo Campionato de España de Judo sector Noroeste que se celebrará mañá sábado 10 de xaneiro nas instalacións da Casa do Deporte de Lugo.
Uns 150 deportistas divididos en sete categorías de homes e sete de mulleres participarán representando ás súas comunidades: Castela e León, Asturias, Cantabria e Galicia. A competición comezará a partir das 17:00 horas ainda que a pesaxe terá lugar ás 1
A primeira edición dos Obradoiros Matemáticos que organiza o Concello de Lugo dende a Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, comezan mañá sábado 10 de xaneiro.
Ata o remate do curso escolar, rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos, participarán nestes obradoiros todos os sábados de 10.30 ás 12.00 horas no Centro Multiusos López Mella.
O obxectivo é que os mozos e mozas aprendan as matemáticas dun xeito divertido e lúdico ao mesmo tempo que melloran os seus coñecementos sen ningunha presión a través dos xogos.
Os asistentes participarán en actividades de cálc
A Xunta de Compras do Concello de Lugo celebrada esta mañá aprobou a contratación para a realización do proxecto dun novo ximnasio nas instalacións deportivas de Frigsa por un importe de 20.000 euros.
Este novo ximnasio é un dos 79 proxectos que se inclúen no Fondo Estatal de Investimentos Locais para o ano 2009 e que propiciarán que máis de 400 persoas estean traballando en obra pública do Concello.
O novo ximnasio que vai construir o Concello de Lugo terá aproximadamente 300 metros cadrados edificados, e ubicarase anexo ás pistas de tenis de Frigsa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1637
- 1638
- 1639
- 1640
- 1641
- 1642
- 1643
- 1644
- 1645
- …
- seguinte ›
- última »