A Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, organiza, en colaboración coa Asociación “Pepe Barreiro” de Lugo, o 1º Premio de Ferretes Entroido 2009 con motivo da celebración do próximo Enterro da Sardiña que se celebrará o día 25 de febreiro.
Segundo as bases do concurso poderá optar a este premio calquera cidadán sen límite de idade. Os traballos terán que facer referencia a acontecementos de actualidade, preferentemente referidos á nosa cidade de Lugo e a Galicia.

La nueva potabilizadora está capacitada para abastecer a una población de 100.000 habitantes, garantizando el caudal ecológico del Miño, incluso en época de estiaje.
A Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, organiza, en colaboración coa Asociación “Pepe Barreiro” de Lugo, o 1º Premio de Ferretes Entroido 2009 con motivo da celebración do próximo Enterro da Sardiña que se celebrará o día 25 de febreiro.
Segundo as bases do concurso poderá optar a este premio calquera cidadán sen límite de idade. Os traballos terán que facer referencia a acontecementos de actualidade, preferentemente referidos á nosa cidade de Lugo e a Galicia.
Un ano máis o Turismo de Lugo estivo presente na Feira Internacional de Turismo (FITUR 2009), que se celebrou en Madrid entre o 28 de xaneiro o 1 de febreiro. A cidade de Lugo participou xunto con outras cidades como A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra como expositor de Turgalicia neste evento que rexistrou unha alta aprticipación.
A cidade de Lugo tivo unha acollida moi boa como destino turístico entre o público asistente á feira, os profesionais do sector e a prensa especializada en turismo cultural, gastronómico e de natureza.

As actividades organizadas pola Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carme Basadre, nos Centros de Dinamización Social de San Xoan do Campo, Coeses e Santa María de Bóveda, contaron ao longo do ano 2008 con máis de un milleiro de participantes.
O obxectivo do Concello de Lugo é converter estes Centros de Dinamización Social en punto de encontro interxeneracional entre os veciños e veciñas da zona rural, aínda que os máis beneficiados son as persoas maiores que, normalmente, se atopan nunha situación de maior risco de illamento e soidade.
A Concellería de Carme
O Concello de Lugo será distinguido pola Federación Galega de Balonmán como recoñecemento ao seu labor a prol deste deporte.

A programación da novena edición da Mostra de Teatro Clásico continúa mañá xoves, 5 de febreiro, coa representación da obra Ariadna no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20:30 horas.
Atalaya TNT e o Centro Andaluz de Teatro, representarán sobre as tablas do Auditorio Municipal esta historia mitolóxica. Presentarán ante o público lucense unha figura que é das máis coñecidas e representadas na historia da pintura e do arte en xeral.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Salón de Plenos da Casa do Concello aos estudantes da cidade sueca de Täby, que participan no programa de intercambio entre o centro sueco Tibble Gymnasium e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
Os 20 alumnos suecos acudiron acompañados por dúas profesoras do centro educativo de Täby.

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, presentou xunto aos membros do xurado, Mercedes Barreiro, Manuel Lamas e Christian Gutiérrez, a resolución do III Concurso de Carteis de Entroido organizado por esta concellería co fin de promocionar estas festas.
O xurado do certame reuníuse esta mañá na Casa Consistorial para seleccionar o cartel gañador desta segunda edición. O faio declarou como gañador ao cartel titulado “Enmascarada”.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou as bases e o proceso selectivo para a contratación de persoal no marco do Plan de Inserción Laboral e Emprego Social do Concello (PILES 2009) tal e como indicaron o Voceiro Local, José Rábade, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.
A delegada de Emprego do Concello explicou que se trata dunha política activa de emprego que ten como obxectivo favorecer o acceso ao emprego de colectivos que sufren unha maior discriminación en relación co mercado laboral. Ademais, este plan de inserción den un obxectivo engadido:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1622
- 1623
- 1624
- 1625
- 1626
- 1627
- 1628
- 1629
- 1630
- …
- seguinte ›
- última »