
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, celebrará o seu tradicional encontro dixital cos internautas este mércores, 29 de abril, ás 18:30 horas.
López Orozco atenderá as consultas e propostas dos internautas desde o despacho de Alcaldía.
Os interesados en participar poden empezar a mandar as súas preguntas a través da páxina web municipal www.lugo.es.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez, presentaron hoxe os resultados do proxecto europeo Vías Atlánticas que foi executado entre os anos 2005 e 2008.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou na cuarta xornada do Programa Lugoemprende na Universidade, organizado polo Centro de Empresas e Innovación, a Área de Autoemprego do Campus de Lugo e a Escola Universitaria de Formación de Profesorado.
As sesións deste programa irán enfocadas a fomentar a cultura emprendedora entre a comunidade universitaria. A cuarta xornada do programa ‘Lugoemprende na Universidade’ contará cun ‘Seminario para a Difusión da Creación de Empresas.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, Antón Veiga en representación da Área de Deportes da Deputación Provincial, José Bouza e Coté Bouza do Club Voleibol Emevé, e Ana Vidal en representación da Xunta de Galicia, presentaron o XLIX Campionato de España Xuvenil Masculino que se celebrará do 29 de abril ao 3 de maio na cidade.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Voceiro Municipal, José Rábade e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participaron nos actos de celebración do 40 aniversario do IES As Mercedes.

A Mesa de Contratación do Concello de Lugo adxudicou hoxe a execución de tres obras subvencionadas polo Fondo Estatal de Investimento Local do 2009:
A Xunta de Compras celebrada esta mañá no Concello de Lugo aprobou a contratación do servizo de dirección de obra e o estudo de coordinación e seguridade de obra de seis proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local:

Co segundo dos concertos do Festival de Música Cidade de Lugo XXXVII Semana do Corpus chega a primeira das tres citas sobre música de cámara e que estarán dedicadas á frauta neste concerto que terá lugar o luns 27 de abril, ao violoncello como homenaxe a Pau Casals o 13 de maio e ao dúo de violín e piano co recital de Massimo Spadano e Alexander Schmalcz o 15 de maio.
A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, desenvolverá na última semana de abril e a comezos de maio un completo programa de actividades dirixidas ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
Comeza a trixésimo sétima edición do decano dos festivais galegos de música clásica: o Festival de Música Cidade de Lugo. XXXVII Semana do Corpus que durante os próximo mes e medio encherá de música a cidade cos dezaoito concertos que se celebrarán en diferentes lugares como o Círculo das Artes, o Conservatorio de Música, a Igrexa de San Pedro e a sede de Fundación Caixa Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1597
- 1598
- 1599
- 1600
- 1601
- 1602
- 1603
- 1604
- 1605
- …
- seguinte ›
- última »