
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e María José Meilán e María del Carmen Meilán representantes da ONG Implicadas no Desenvolvemento, presentaron unha nova actividade de sensibilización que terá lugar o vindeiro sábado 13 de xuño polas rúas da cidade e baixo o título O Camiño da Auga.
Uns 25 participantes nos obradoiros de pintura organizados polo Concello de Lugo no Local Social Díaz Castro participan ao longo do día de hoxe, mércores 3 de xuño, nunha xornada ao aire libre.
Nas ribeiras do río Miño ( entre a fábrica da luz e a área recreativa dos Robles) os participantes nos talleres pasarán todo o día.
A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe, mércores 3 de xuño, adxudicou provisionalmente a docencia especializada de cinco cursos de formación no marco do proxecto Lugo Emprego Activo por valor de 168.122 euros.
A Banda Municipal de Música que depende da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, celebrará o primeiro concerto do cento corenta aniversario da súa creación.
A banda actuará acompañada nesta actuación polo Coro da Xunta de Galicia no que, entre outras pezas se estrearán obras de recente creación do compositor lucense Anxo Castelo Corredoira.
A Banda Municipal interpretará Oregón e Ross Roy , ámbalas dúas de Jacob de Haan, Alma de Rumba dedicada a Xulián Villamar regueiro , o himno dedicado ao deporte CD Lugo, e Indio, as tres de de Anxo Castelo Corredoira.

Avanza que o Goberno galego impulsará os proxectos do Plan Paradai, do auditorio, do barrio da Tinería e as reformas urxentes da estación de autobuses de Lugo
Aposta por “repensar e recuperar” as iniciativas de conservación da Muralla de Lugo “O único que queremos é que Lugo teña AVE”, salienta, e comprométese a trasladarlle ao Goberno de España a necesidade de establecer “prazos, contías e presupostos”

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez, e Pablo Márquez de Gaia Animación presentaron o programa Verán en Lugo! Campamento urbano 2009.
Resultado do cuarto exercicio e data de celebración do quinto exercicio das probas selectivas para a provisión, mediante concurso oposición e en quenda de consolidación de emprego temporal, de once prazas de bombeiro conductor vacantes no cadro de prsoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo
Para evitar problemas á hora de exercer o dereito ao voto á cidadanía nas vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o vindeiro domingo 7 de xuño, o Concello de Lugo fai pública a modificación na localización dalgúns colexios electorais de determinados distritos e seccións.
Aconséllase aos electores pertencentes aos distritos e seccións que se relacionan a continuación que comproben que as súas tarxeta censuais coincidan coa nova ubicación dos seguintes colexios electorais.
Esta medida non só afecta ós 155 traballadores senón tamén a tódolos postos de traballo derivados dos servizos de demanda da citada empresa, e tamén ós produtores que entregan leite a esta empresa.
É preocupante que unha empresa que leva moitos anos operando en Galicia, recibindo axudas e apoio institucional para desenvolver a súa actividade, adopte a decisión de pechar o centro de recollida e transformación en Galicia.
O penúltimo concerto do Festival de Música Cidade de Lugo XXXVII Semana do Corpus estará tamén dedicado a lembrar, a rendir merecida homenaxe, a Haendel no 250º aniversario da súa morte. Tras a música sacra no concerto inaugural do Scholars Baroque Ensemble e do oratorio Il trionfo del Tempo e del Disinganno éo turno dun dos xéneros musicais máis típicos do Barroco, o da cantata, no que Haendel deixou boa mostra do seu xenio e da súa incrible capacidade para dar vida musical a todo tipo de textos dramáticos e teatrais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1592
- 1593
- 1594
- 1595
- 1596
- 1597
- 1598
- 1599
- 1600
- …
- seguinte ›
- última »