
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentaron hoxe a unha nova edición de Imos Andando, unha actividade organizada conxuntamente por estas dúas Concellerías e dirixida principalmente aos maiores de 60 anos, que terá lugar o mércores 17 de xuño.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou algunhas das novidades que incluirá o programa do Arde Lucus MMIX.
A responsable da área de Xuventude indicou que este ano, no que se deseñou unha programación aínda máis ampla e complexa para o Arde Lucus que en edicións anteriores, aparecen outras novidades moi relacionadas coa recreación histórica dos oficios.
A xornalista Belén Puñal, e responsable da área de muller e investigacións de comunicacións en materia de xénero do do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, presentou ante varios representantes do Foro de Participación Cidadá en Materia de Igualdade o Informe sobre o sexismo na publicidade dos medios de comunicación de Galicia.
Este estudo proporciona unha ferramenta ao sector da publicidade para ollar a súa produción dende o punto de vista do xénero e lanza un reto de cara a súa capacidade creativa.
O vello cárcere de Lugo será o principal escenario no que se desenvolve o argumento da película francesa Suerte. Mañá comeza o rodaxe deste filme do director, Jacques Sechaud, e o director de producción, Thierry Baudrais, baseado nunha novela de Claude Lucas.
Ao longo de máis de dez días gravarase a película que conta a historia de Christian Lhorme -adaptada da vida do escritor, Claude Lucas- un atracador afeccionado e solitario que elixiu unha existencia desarraigada e sen finalidade algunha, que o levou ao cárcere.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo, realizará diferentes intervencións no botellón do Parque de Rosalía de Castro entre hoxe venres 5 de xuño e o sábado 27 todos os venres e sábados en horario de 23:00 a 2:00 horas.
A Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, está a levar a cabo na terceira avaliación do curso escolar unha actividade de axuda escolar para sete estudantes da ESO no Centro Social Díaz de Castro.
Ao longo dos meses de abril, maio e xuño os rapaces reciben este reforzo educativo durante tres días á semana, tres horas cada día.

As obras da Concellería de Deportes incluídas entre os 79 proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local do Concello de Lugo comezarán a vindeira semana. O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, explicou que as obras que se realizarán no complexo deportivo de Frigsa comezarán a vindeira semana e inclúen a creación do novo vaso da Piscina, a construción do novo ximnasio e a remodelación das pistas de tenis.
Estas obras supoñen unha inversión en instalacións deportivas para a cidade dun total de 3.513.500 euros.
O vindeiro domingo 7 de xuño terá lugar a derradeira proba para rapaces e rapazas do 9º Circuíto Larsa Corre con Nós, organizado pola Concellería de Deportes.
Esta será a oitava carreira que disputarán aqueles dos 1.270 rapaces inscritos para este circuíto de carreiras populares.

O Concello de Lugo celebrará o domingo día 12 de xullo a novena edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo.

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, presentaron a XII edición dos cursos de verán de Educación Vial, que se desenvolverán nas instalacións do PIT entre o 29 de xuño e o 24 de xullo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1591
- 1592
- 1593
- 1594
- 1595
- 1596
- 1597
- 1598
- 1599
- …
- seguinte ›
- última »