
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou no Círculo de Bellas Artes de Madrid a guía de Lugo ciudades con encanto de País Aguilar.
O obxectivo da publicación desta guía é dar a coñecer a oferta turística de Lugo, mellorando a accesibilidade do turista aos servizos de información da cidade e levando a cabo a través desta publicación unha campaña de promoción e comercialización do destino turístico que é Lugo.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Responsable da Sección de Natación do Club Fluvial, José María Iglesias, e o Director Técnico de Natación do Club, Jaime López Rego, presentaron a XIX edición do Trofeo de Natación Cidade de Lugo.
Será este sábado 20 de xuño e participarán arredor de 400 rapaces e rapazas, de 14 clubes diferentes, con idades comprendidas entre os 9 e 14 anos, chegados dende toda Galicia e o Norte de Portugal.

O VI Goberno Infantil chegou ao final do seu mandato esta mañá cun acto de clausura que tivo lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Na despedida desta Corporación estiveron presentes o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro.
O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, organiza para os xoves do mes de xullo unha nova actividade dirixida á mocidade lucense de entre 12 e 35 anos.
Entre as 20:00 e as 22:00 horas as persoas que se acheguen ata a Casa da Música do Concello de Lugo poderán desfrutar da actividade Xogos Reunidos. Poranse á disposición dos asistentes diferentes consolas de videoxogos.
A entrada para participar nesta nova actividade será totalmente gratuíta.
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a contratación das obras de rexeneración de firmes en doce parroquias do Concello de Lugo: O Veral, San Pedro de Soñar, San Pedro de Santa Comba, Santiago de Saa, Santiago de Piugos, Santa María de Bóveda, San Pedro de Calde, Santa María Magdalena de Coeses, Santabaia de Esperante, San Miguel de Orzabai, Santiago de Meilán e San Martiño de Ombreiro.
Coa chegada do verán a cidade de Lugo revivirá o seu pasado romano. Un ano máis o Concello de Lugo ten todo preparado para celebrar entre o 26 e 28 de xuño a festa do Arde Lucus.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo presentaron hoxe o programa de actividades que arrincará ás 17:00 horas da tarde do venres 26 de xuño coa apertura do Macellum -Mercado- e do campamento dos forxadores na praza da Constitución.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto á Presidenta do Club Deportivo Polvorín, María Carmen Téllez, o coordinador do torneo, Julián Merodio, e o Asesor de Deportes da Deputación de Lugo, Eduardo Abel, presentaron a IV edición do Torneo Fútbol 7 do Polvorín.
Díaz Grandío explicou que ano tras ano este campionato conta con melloras notables na súa organización e cada ano son máis o número de rapaces que participan.
O Concello de Lugo ten xa preparados os actos de celebración da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, que este ano será o domingo 21 de xuño.
Os actos previos comezarán o sábado pola tarde coas vésperas de Corpus ás 20:00 horas na Catedral de Lugo, onde estarán representantes da Corporación Municipal de Lugo e Ourense.
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentaron esta mañá a guía de actividades de verán organizadas polo Concello de Lugo, e que por primeira vez engloba todas as actividades de diferentes Concellerías
Mañá ás 12.00 horas sairá da Praza Maior a IV edición do Imos Andando, unha actividade organizada conxuntamente pola Concellería de Muller e Benestar Social e a Concellería de Deportes e que está dirixida principalmente aos maiores de 60 anos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1589
- 1590
- 1591
- 1592
- 1593
- 1594
- 1595
- 1596
- 1597
- …
- seguinte ›
- última »