
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, valora os datos do paro coñecidos esta mañá que reflicten que Lugo e Ourense son as provincias galegas que experimentan un maior descenso no número de desempregados. Así, tal e como explicou, o paro rexistra un descenso do 5,05% en Lugo con 955 desempregados menos.
As festas de Arde Lucus organizadas pola Concellería de Xuventude alcanzaron xa o cuarto posto do listado da páxina web www.7mejores.es na que se elixen os mellores festexos de España.
A celebración na que se recrea o pasado romano, ocupa o cuarto lugar despois das festas de San Juan de Soria, San Juan del Monte de Miranda de Ebro e das Fallas de Valencia; e por diante de festas de renome como a de Moros e Cristiáns de Alcoy ou o Carnaval de Cádiz.
Mañá xoves 2 de xullo, a partir das 12 horas, desenvolverase novamente nas rúas de Lugo a experiencia lúdica Nonétrivial, a instalación de Luz Darriba realizada conxuntamente coa Casa da Muller do Concello de Lugo.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo celebrada esta mañá aprobou a apertura do procedemento de adxudicación das obras de pavimentación e servizos do espazo público entre o campo de fútbol do Palomar e a N-VI.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentaron esta mañá no Concello a guía turística Lugo, ciudades con Encanto editada por El País Aguilar. López Orozco subliñou que a guía pretende consolidar Lugo “como destino turístico de primeira orde”.
O Concello de Lugo organiza un ano máis unha nova edición da Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Lugo que estará instalada no fondo da Praza Maior do 4 ao 19 de xullo en horario de 11.00 a 14.00 horas, polas mañás e de 17.30 a 21.30 polas tardes.
Nesta feira, recuperada pola Concellería que dirixe Concepción Burgo, participarán libreiros de distintas provincias españolas: de Galicia, Asturias, León, Valencia e Madrid.
Hoxe comeza a actividade de Tai-Chi ao aire libre organizada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais dentro da Programación Sociocultural de Verán. Esta actividade xa se celebrou en anos pasados e recibiu unha exitosa acollida entre os lucenses.
Este verán, o Tai Chi ao aire libre impártese os martes e os xoves de 10:30 a 11:30 horas no Parque de Rosalía, e os luns e os mércores de 19:30 a 20:30 horas no Parque da Milagrosa.
A Fundación CEL entregoulle esta noite os seus XI Premios Anuais á Iniciativa, á Actividade e á Promoción empresariais a nove empresas e proxectos de empresa da provincia de Lugo, nunha cerimonia que tivo como escenario o Club de Campo Las Bridas.
Mañá mércores, día 1 de xullo, comeza en Lugo de xeito oficial, a segunda tempada de rebaixas do ano.
As rebaixas teñen a consideración de actividades de promoción de vendas e por tanto están reguladas por lei, concretamente na 7/1996, do 15 de xaneiro, de Ordeación do Comercio Minorista.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o presidente do Club de Montaña Mustallar, Juan Tei, presentaron unha nova expedición que levarán a cabo sete deportistas lucenses, cinco homes e dúas mulleres.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1584
- 1585
- 1586
- 1587
- 1588
- 1589
- 1590
- 1591
- 1592
- …
- seguinte ›
- última »