
* A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación das obras de pavimentación e servizos do espazo público entre o campo de fútbol do Palomar e a N-VI

* O Executivo Local investirá na V fase de accesibilidade máis de 200.000 euros
* Trátase da fase que conta cun maior número de actuacións das postas en marcha ata o de agora
* Coa fase V son xa 70 as rúas nas que se realizou a supresión de barreiras arquitectónicas
O Concello de Lugo publicou xa no Perfil do Contratante do portal web www.lugo.es e no Taboleiro de Anuncios do Concello a acta do xurado do concurso para a redacción do proxecto, dirección da obra e coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución das obras de rehabilitación do antigo cárcere do partido xudicial de Lugo.

* O Concello de Lugo pretende elevar ao primeiro pleno de outubro o documento

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade e Alcaldesa en Funcións, Carmen Basadre, presentou hoxe unha nova liña de axudas do Concello de Lugo para a mellora da accesibilidade e habitabilidade de vivendas de persoas maiores dependentes.
A Concelleira explicou que o prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 1 de novembro de 2009 no Rexistro da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo. Despois haberá un prazo de 2 meses para notificar a concesión das axudas e seis meses para realizar a obra e xustificala.
O Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias do Concello de Lugo dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Carmen Basadre, realizará entre o 24 de agosto e o 11 de setembro un conxunto de actividades que terán lugar na Praza do Castiñeiro.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade e Alcaldesa en funcións, Carmen Basadre, asiste mañá sábado 22 de agosto, en representación do Concello de Lugo, aos actos de celebración da festividade d´Agonia de Viana do Castelo que nesta ocasión celebra o 750 aniversario da cidade.

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, deu conta esta mañá da memoria de actividades desenvolvidas desde o seu departamento no curso 2008-2009, actividades nas que o Concello de Lugo realizou un investimento de 438.252 euros e nas que participaron máis de 40.000 alumnos dos diferentes centros da cidade.
As actividades levadas a cabo pola Concellería dividíronse en extraescolares, formativas, divulgativas e conmemorativas.
Hoxe venres 21 de agosto, rematou o prazo para que a cidadanía presentase as achegas ao Borrador de Ordenanza de Civismo do Concello de Lugo. Coa posibilidade de facer chegar as suxestións e recomendacións o equipo de Goberno pretendeu crear un debate social que permita ter unha ordenanza consensuada con toda a sociedade lucense.

A Concelleira de Igualdade e Benestar Social e Alcaldesa en Funcións, Carmen Basadre, visitou esta mañá as obras do Centro de Convivencia- Casa das Linguas do barrio da Piringalla que estarán rematadas a finais do mes de agosto. Tal e como explicou a Concelleira, o centro, no que estará a Casa das Linguas e o Centro de Convivencia da Piringalla, abrirá as súas portas ao público a principios do ano 2010.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1572
- 1573
- 1574
- 1575
- 1576
- 1577
- 1578
- 1579
- 1580
- …
- seguinte ›
- última »