Así, nos seguintes museos municipais o acceso será de balde:
- Porta Miñá
- Centro de Interpretación da Muralla
- Casa dos Mosaicos
- Centro Arqueolóxico de San Roque
O horario de apertura dos museos será o habitual.

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, e o Xefe do Gabinete de Tráfico, Manuel García Ferreiro, presentaron hoxe o Plan de Tráfico para as festas de San Froilán 2009 co que se persegue ser o o máis práctico e efectivo posible.
O Plan ten como principal obxectivo ordenar a circulación na cidade para causar as menores molestias aos veciños e veciñas durante os días de festa, polos cortes de tráfico, e potenciar o uso do transporte urbano.
A Casa da Muller do Concello de Lugo convoca un ano máis o Premio de Deseño Gráfico A Violencia de Xénero ao que poderán concorrer cantos autores e autoras o desexen, con traballos de tamaño e técnica libres, e que deberán ser presentados sobre un soporte ríxido que facilite a súa posible exposición.

* No acto estivo acompañado polo Presidente da Deputación Provincial, o Subdelegado do Goberno en Lugo e o un representante da RAG
* Os actos de hoxe pretenden ser unha xornada de portas abertas para que os lucenses se acheguen a Europa a través da lingua
* Salienta que a lingua é un dos símbolos máis poderosos da unión, do progreso e da integración entre os diferentes pobos da UE
* Destaca que a política lingüística non debe ser obxecto de confrontación partidaria
O 5º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo remata o vindeiro domingo 27 de setembro. Ao longo de toda a fin de semana o público poderá disfrutar da gran variedade de tapas que os hostaleiros da cidade presentaron ao certame.
O público pode degustar as tapas no seguinte horario de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22.30 horas.
O club de natación lucense Porta Miñá, co comezo do novo curso 2009-2010, presenta ao seu equipo de natación mañá sábado, 26 de setembro, nas instalacións municipais da piscina municipal das Pedreiras.

O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, recibiu na Casa do Concello a Chilo Talavera de Fundavi, e Elisa Cavaría de Calli Tanday (Casa de Unión) colaboradoras da fundación lucense AXUNICA que está a colaborar co desenvolvemento de Nicaragua.

O programa de San Froilán complétase cun longo calendario de actividades deportivas deseñado pola Concellería de Deportes e que foi presentado esta mañá por José Manuel Díaz Grandío.

Un ano máis Lugo acolle unha nova edición da Feira do Mel que foi presentada esta mañá pola Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e os representantes da da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, Antonio Mon e Iván Francisco Vázquez.
Como todos os anos o Concello colabora con esta cita do mel que terá lugar o domingo 27 de setembro na Praza da Soidade.

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, avanzou esta mañá que o Concello de Lugo seguirá colaborando coa Escola de Organización Industrial (EOI) para axudar ás empresas a que sobrevivan e sexan máis competitivas. Así o explicou no CEI onde participou na entrega de diplomas do curso Xestión Financeira en empresas que se desenvolveu desde o 21 de abril ata o 3 de xullo e no que participaron 24 emprendedores lucenses.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1567
- 1568
- 1569
- 1570
- 1571
- 1572
- 1573
- 1574
- 1575
- …
- seguinte ›
- última »