
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, promove a VIII Exposición de cogomelos que se celebrará no Colexio Rosalía de Castro o vindeiro 8 de novembro en horario de mañá e de tarde.
Concepción Burgo será a encargada de inaugurar a exposición o próximo domingo 8 de novembro. A mostra estará aberta de 11,30 a 14,00 horas e de 15,30 a 19,30.

Como cada ano con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero o Concello de Lugo organiza un conxunto de actividades ao longo de todo o mes de novembro.

O xurado do concurso para a peonalización da rúa San Marcos elixiu esta mañá o anteproxecto gañador que responde ao presentado por Dopi Arquitectos Asociados SLP, Camina Ingeniería S.L. e Arborejardin SL.
O anteproxecto elixido polo xurado, entre os dez presentados, destaca pola súa calidade e pola recuperación deste espazo público e a adecuación do contorno. Ademais, unha das características destacadas polos membros do xurado foron as medidas de accesibilidade propostas.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, mantivo hoxe unha nova xuntanza para tratar o tema da nova tarifa da auga cos técnicos municipais e a oposición.
A proposta do equipo de Goberno contou co voto a favor do BNG e a abstención do PP, así como cos informes favorables dos técnicos municipais. Esta proposta será levada o vindeiro xoves día 5 de novembro a un pleno extraordinario.
A Comisión de seguimento da erradicación do chabolismo de Lugo acordou hoxe reunirse novamente para celebrar unha comisión técnica que adxudique os inmobles ás familias beneficiadas, unha vez estea rematado o proceso de escrituración dos pisos.
A Administración Local informou aos participantes na xuntanza de que xa ten rematado a compra das 15 vivendas comprometidas para as familias adxudicatarias.

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, fixo hoxe balance das actuacións efectuadas no Cemiterio Municipal de San Froilán durante os últimos anos e presentou algúns dos proxectos previstos para o ano que ven.

A Concelleira de Benestar e Igualdade, participou esta mañá na presentación da 19ª Edición do Festival de Jazz de Lugo que terá lugar do 9 ao 14 de novembro promovido polo Concello de Lugo a través da Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e os alcaldes doutros municipios da provincia, participaron esta mañá na presentación dos obradoiros de emprego Escolas Rurais subvencionados pola Xunta de Galicia. Neste acto participou tamén a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

O Goberno Local elevará ao Pleno do próximo luns o apoio á solicitude formulada pola Asociación pola Defensa do Parque de Rosalía e o seu contorno na que se formula a declaración por parte da Xunta de Galicia de Ben de Interese Cultural (BIC) o Parque de Rosalía e o seu contorno.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde no Salón de Plenos do Concello aos participantes no XV Congreso internacional da SIGEF Crise económica e financeira: novas oportunidades e perspectivas, que se desenvolveu na na facultade de Empresariais do Campus lucense durante dúas xornadas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1556
- 1557
- 1558
- 1559
- 1560
- 1561
- 1562
- 1563
- 1564
- …
- seguinte ›
- última »