
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presidiu esta mañá a toma de posesión de Beatriz Pérez Traseira como nova xefa do Servizo de Educación do Concello de Lugo, nun acto ao que tamén asistiu o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández.

Hostaleiros interesados na cafetería do Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) visitaron este mércores as instalacións e puideron coñecer de primeira man o seu equipamento. Fixérono durante a xornada de portas abertas organizada polo goberno local, na que participaron catro emprendedores.

O executivo de Paula Alvarellos impulsa a contratación dun centro de control móbil para reforzar o dispositivo de seguridade das festas do San Froilán.

Liortas en vía pública

A Área de Educación do Concello de Lugo vén de publicar a solicitude de subvención dirixida a asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as (ANPAS) de centros sostidos con fondos públicos do Concello de Lugo para a realización de actuacións en materia de participación educativa.

Co comezo do novo curso o Executivo de Paula Alvarellos abrirá a programación de actividades de animación sociocultural que o Goberno local desenvolverá nos centros de convivencia municipal coa posta a disposición das e dos lucenses dunhas 1.670 prazas, cun lixeiro incremento respecto ao ano pasa

Filtros de seguridade viaria
Durante os filtros de seguridade viaria levados a cabo pola Unidade Territorial de Policía de Barrio, o Grupo Operativo Nocturno e a Unidade de Atestados, detectáronse e denunciáronse as seguintes infraccións:

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada da edil de Cohesión Social e Territorial, Ana González Abelleira, visitou o Centro de Educación Infantil e Primaria Sagrado Corazón de Lugo co motivo do comezo do curso escolar para coñecer o funcionamento do centro de ensino público.

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da Área de Transición Ecolóxica, levou a cabo a primeira reparación sen gabia no municipio de Lugo nun colector de saneamento na LU-530.

A sexta edición do Caudal Fest, a última gran festa do verán galego, arrincará este xoves coa actuación da banda lucense Virtua Tennis no Coliving Artístico do Carme. O concerto, totalmente de balde, servirá para promover este novo equipamento municipal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- …
- seguinte ›
- última »