
A próxima semana remata o prazo para concorrer ás axudas municipais ao alugueiro. Unhas achegas ás que o executivo de Lara Méndez dotou neste exercicio con 300.000 euros, co fin de alcanzar o maior número de beneficiarios posible.

O Concello organiza o vindeiro día 30 de novembro, a través do centro de información municipal Europe Direct-Lugo, unha xornada online dirixida a emprendedores/as, así como aos cidadáns en xeral, na que se abordará a xestión do éxito e o fracaso no ámbito profesional e empresarial.

O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolleu este xoves a presentación dos libros autobiográficos de Tomás Notario Vacas, rexedor da cidade entre os anos 1976 e 1977 e durante a etapa de 1991 a 1995.

A Conta Xeral do 2019 certifica que o Concello de Lugo executou nese ano o 90% do investimento comprometido polo goberno durante ese exercicio.
O Pleno do Concello de Lugo acordou hoxe propoñer o ingreso do Inspector da Policía Local de Lugo, Jesús Piñeiro Santos, para o seu ingreso na Orde do Mérito Civil.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades que desde a área de Cultura se organizan co gallo do XX aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade, que terá lugar o vindeiro luns, 30 de novembro.

A área de Xuventude e a Casa da Muller, que dirixe Ana Abelleira, teñen programado para este sábado, 28 de novembro, un novo espectáculo pola igualdade, coincidindo coa semana de conmemoración do 25N.

A alcaldesa, Lara Méndez, e a concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana G.

A área de Urbanismo Sostible vén de poñer ao día, en catro meses, todas as licenzas pendentes no rural.

O Goberno de Lara Méndez destinará 1,5 millóns de euros á construción dun novo Centro de Servizos Sociais en Lamas de Prado, que atenderá a 20.000 persoas dos barrios do Carme, A Cheda, Abuín-Abella e Castiñeiro, así como de diversas parroquias.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 541
- 542
- 543
- 544
- 545
- 546
- 547
- 548
- 549
- …
- seguinte ›
- última »