Os Concelleiros de Medio Ambiente e de Economía e Zona Rural, Lino González-Dopeso e Francisco Fernández Liñares, presentaron hoxe un balance da xestión da auga no momento actual, cando se celebra o Día Internacional da Auga.
Así, segundo indicaron, mentres descende de maneira significativa o volume de auga impulsada, aumenta a recaudación económica nesta materia o que é significativo "dunha mellora da xestión".
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Lino González-Dopeso, está a ultimar o proceso de redacción do Plan de Acción da Axenda 21 Local. Este proceso atopará o punto álxido do proceso o luns coa celebración da última edición do Foro da Sustentabilidade, que suporá dar por pechado o proceso participativo de elaboración da A21L.
Os servicios municipais de recadación procederán á poxa de dous vehículos inmobilizados e embargados a debedores do Concello. Dita poxa terá lugar ás 10 horas do vindeiro 31 de xaneiro, no Centro Social Uxío Novoneyra -rúa Quiroga Ballesteros-.
Os bens embargados son:
1.- Vehículo Lancia Dedra 2.0 IE, tipo de poxa 600 euros.
2.- Vehículo Volvo 704 GLE, tipo de poxa 300 euros.
Os bens atópanse depositados no Depósito Municipal de Vehículos sito na Rúa dos Carros, Parcela E 4,I Polígono Industrial do Ceao.
O Concello abre mañá, día 4 de abril, o prazo de pagamento do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (coñecido como Imposto de Circulación ou Rodaxe) correspondente ao ano 2007. O período de pagamento en forma voluntaria estará aberto até o día 5 de xuño.
Este ano porase ao cobro un importe total de 5.327.976 euros, correspondente a 60.644 recibos. O volume máis numeroso no padrón son os turismos, que supoñen 45.119 recibos.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, entregou xunto a Técnica Municipal de Prevención de Riscos Laborais, María José Carvallo, e a representante de Fremap, Ángeles Berdeal Cuba, os diplomas acreditativos dos cursos de formación en prevención de riscos laborais: “Capatización para o desempeño de funcións de nivel básico” e “Primeiros auxilios”. O acto tivo lugar esta mañá, ás 11:30 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
O rescate da concesión custaría ós lucenses 50 millóns de euros
A empresa concesionaria dos parkings esixía un aumento que o Concello se negou a aceptar
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, informou das novas tarifas que dende o 1 de setembro asumirán os aparcadoiros públicos da cidade.
Ese día entra en vigor o novo sistema de tarifación por minuto para os aparcadoiros de titularidade pública.
O Alcalde reiteroulles o compromiso do goberno de poñer en marcha o Plan cuadrienial do Ceao
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, mantivo unha xuntanza con representantes da Asociación de Empresarios do Ceao para analizar o estado de execución do proxecto Parque.
Na xuntanza participaron técnicos expertos do Concello e tamén do Polígono Industrial.
Sonia Méndez explicoulles o estado de execución do proxecto e anunciou que no mes de xaneiro estará en marcha a rede WIMAX que servirá para a conexión de todo o Polígono ós puntos de información e
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou hoxe o inicio do prazo para o cobro do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e de vados, que dende este ano se fará nun período fixo, dende o 20 de setembro ata o 20 de novembro, tal e como recolle o calendario do contribuínte.
Este será o período voluntario, a partir do 20 de novembro comezará a recadación executiva que implica un recargo do 5%, por iso a Concelleira recalcou a importancia de lembrar estas datas ou incluso domiciliar o pago.
Inclúen propostas específicas para persoas con menos recursos e para a zona rural
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, deu conta dos asuntos tratados na primeira xuntanza mantida cos representantes da oposición para darlles a coñecer as propostas do goberno local en materia de Ordenanzas Fiscais para o ano 2008.
Méndez suliñou que a intención do goberno é chegar a acordos cos distintos grupos políticos para que as Ordenanzas entren en vigor a partir do 1 de xaneiro.
A proposta do equipo de goberno inspírase “nun principio que vimos mantendo ó longo des
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, reuniuse esta mañá no Centro de Empresas e Innovación cos representantes dos socios do Concello de Lugo no Proxecto Parque.
Na xuntanza, ademais de expoñer o estado no que se encontran os proxectos de todos os socios, acadouse o acordo de crear un portal WEB do Proxecto Parque. Neste espazo terán cabiada as accións formativas que poidan interesar a todos os socios e que se impartirán gracias á teleformación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1905
- 1906
- 1907
- 1908
- 1909
- 1910
- 1911
- 1912
- 1913
- seguinte ›
- última »